miércoles, 13 de febrero de 2013

NENOS E NENAS SOLDADOS

O día 12 de febreiro foi o Día contra a utilización de Nenos e Nenas Soldados. Aínda que este ano colleunos esta data en plenas vacacións de Antroido, voltaremos ás aulas coa intención de traballar o tema da problemática da infancia nos conflictos bélicos. Temos á nosa disposición materiais elaborados polas ONGS Entreculturas e Amnistía Internacional, unhas propostas para desenvolver cos rapaces e rapazas de secundaria do CPI Virxe da Cela. Trataremos de sensibilizalos, conciencialos e aportaremos as nosas ideas para combater este grande problema que está a afectar a tantos nenos e nenas en diferentes lugares do mundo. Estímase que existen no mundo preto 300.000 menores soldados. Por iso, nesta importante data, reivindicamos a fin da vulneración dos dereitos que implica a utilización de nenos e nenas en conflitos armados. 

A ONG Entreculturas pon o seu foco na dramática realidade dos nenos e nenas soldados e a situación de emerxencia que se está a vivir na República Democrática do Congo. O pasado mes de novembro endureceuse o conflito interno neste país. A presión e violencia por parte do Movemento 23 de marzo (M23) produciu o desprazamento de máis de 200.000 persoas e provocou o peche de máis de 600 escolas na rexión de Kivu. Isto non fai máis que afondar no drama do Congo, envolto no conflito máis cruento do mundo –máis de cinco millóns de persoas xa perderon a vida nel– dende hai décadas e esquecido pola maior parte da comunidade internacional. Neste conflito, ademais, miles de nenas e nenos están a ser reclutados e usados como soldados. Na dinámica para secundaria deseñada por Entreculturas, os rapaces e rapazas de Monfero convertiranse nun grupo de xornalistas que queren facer unha reportaxe sobre o conflito da República Democrática do Congo e da realidade dos menores soldados. A partir dunhas cartas que relatan unha viaxe ao país, poderán documentarse sobre a historia da RD Congo, a realidade dos menores soldados e profundar na vulneración dos dereitos que supón esta situación y así elaborar o seu artigo. 

Penduramos tamén a curtametraxe de ficción "Aquel non era eu", nominado aos Premios Goya 2013, que seguro nos ma moito que pensar...





AQUEL NO ERA YO (subt. castellano) from AQUEL NO ERA YO on Vimeo.


1 comentario:

  1. Pereceume demasiado impoñente que chavales de tan pouca idade enteñan cunha arma na man e participen nunha guerra.
    antía 2º eso

    ResponderEliminar