jueves, 26 de septiembre de 2019

#BEACTIVE. SEMANA EUROPEA DO DEPORTE. O MOVEMENTO É VIDA

https://ec.europa.eu/sport/week_en


Dende o 23 ata o 27 de setembro, no colexio CPI Plurilingüe Virxe da Cela, celebramos a Semana Europea do deporte, baixo o lema #Beactive.
Tódolos días tíñamos que dedicarlle uns minutos a facer algo de deporte entre clase e clase, pero o día máis especial foi o Xoves 26, xa que cambiamos as clases normais por xogos e deportes durante toda a xornada lectiva.
 Organizado polas especialistas de Educación Física, Ruth Varela (E.I. e E.P.) e Teresa Blanco (E.S.O.), fixemos un montón de actividades: Bailes e congas para inaugurar o día, estacións deportivas (Gymkanas, deporte adaptado, xogos tradicionais, carreiras de relevos, brillé, slackline e fútbol) e exercicios de relaxación, onde non había palabras, soamente música.
 Unha semana para lembrar, facendo fincapé na importancia da actividade física para as nosas vidas.

Redorcade... #Beactive. (O movemento é vida)






miércoles, 11 de septiembre de 2019

POR TODOS OS MEUS COMPAÑEIROS. UNICEF


EDUCA DANDO ÁS



A participación dos nenos é responsabilidade, respecto, autocontrol e capacidade de planificación. É un dereito de infancia e, tamén, unha poderosa ferramenta educativa. A participación permítenos ser nós mesmos e construír o mundo no que queremos crecer e vivir. A participación é para todas as idades e forma xente forte e á. Non deixes que os teus alumnos perdan esta oportunidade. Educa a dar ás! Nos materiais educativos sobre a participación dos nenos e adolescentes na escola, descubriredes moitas pequenas ideas que podemos facer na nosa escola.