Mostrando entradas con la etiqueta Biblioteca Castelao. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Biblioteca Castelao. Mostrar todas las entradas

lunes, 24 de abril de 2023

PEGADAS DAS MULLERES NA HISTORIA DA EDUCACIÓN

 



A exposición "Educación en feminino: un paseo pola historia" pódese ver no CPI Virxe da Cela, concretamente na biblioteca escolar. Que mellor momento que na última semana de abril, coincidindo coa SAME (Semana de Acción Mundial pola Educación), para poder visitar este percorrido pola historia da educación en feminino a través dunha mostra composta por 39 pósteres e paneis, nos que o alumnado da materia Historia e Teoría da Educación Escolar (Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo na USC) recuperan a memoria de episodios singulares no ámbito do ensino e salientan as importantes achegas realizadas por ducias de educadoras e/ou colectivos femininos ao longo dos séculos.


Ao longo da historia miles e miles de educadoras viñeron desempeñando profesionalmente un labor pedagóxico persistente e socialmente imprescindible, aínda que a cotío calado, moitas veces minorizado e en non poucas ocasións directamente ocultado, polo simple feito de que a protagonista non era un docente senón... UNHA docente.

Algunhas desas educadoras, mestras, profesoras, á marxe da súa diversidade de orixes e da pluralidade de respostas pedagóxicas que ofreceron aos desafíos socioeducativos do seu tempo, realizaron un traballo verdadeiramente meritorio e inspirador, pioneiro ou innovador, que transformou vidas de crianzas e adolescentes, que mellorou de xeito significativo as condicións educativas do seu momento, ou que influíu positivamente na escola de épocas posteriores, ata o punto de que a súa obra pedagóxica, teórica e/ou práctica, chega ata os nosos días e explica parcialmente a situación educativa da actualidade.

A presente exposición quere precisamente, en xusta compensación, recoñecer e homenaxear unhas poucas desas mulleres referentes en educación, normalmente descoñecidas para o gran público e mesmo para as e os profesionais do ensino. Sirva pois esta colección, este “paseo pola historia”, para contribuír a poñer en valor e difundir o legado pedagóxico destas mulleres, o da “educación en feminino”.




Exposición Educación en Feminino by veracruces on Scribd

miércoles, 1 de diciembre de 2021

SCHOOL TO SCHOOL: FUNDACIÓN VICENTE FERRER NA BIBLIOTECA ESCOLAR

A partires do mércores 1 de decembro de 2021 tedes á vosa disposición na biblioteca escolar unha fermosa exposición cos materiais elaborados polo alumnado da Konampalli School, centro educativo da India co que levamos anos realizando un intercambio cultural a través do proxecto "School to School" da Fundación Vicente Ferrer.