A principios de marzo o alumnado de 1º da ESO mergullouse na aventura dun "proxecto compartido" con outros centros escolares do territorio nacional e do estranxeiro, concretamente, Nicaragua. Baixo unha proposta da ONG Entreculturas, e utilizando unha plataforma dixital, os rapaces e rapazas dos diferentes centros que integran este proxecto realizarán un intercambio, que esperemos resulte enriquecedor para derribar moitas barreiras e prexuízos.
Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto Compartido Norte-Sur. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto Compartido Norte-Sur. Mostrar todas las entradas
viernes, 19 de abril de 2013
VISITA DE ENTRECULTURAS AO CPI VIRXE DA CELA
O pasado venres 19 de abril de 2013 contamos coa visita de Sandra Couso, técnico de Entreculturas e persoa moi querida no noso cole. Aínda que moi breve esta visita (soamente dispuxemos de unha xornada de clase), foi á vez moi fructífera, xa que ademais de revisar o traballo que o alumnado de 1º da ESO está a desenvolver dentro do "Proxecto Compartido Norte-Sur", Sandra motivou aos rapaces e rapazas a reflexionar sobre a importancia de educación, e como resultado surdiron grandes ideas.
Os rapaces e rapazas de 1º da ESO do CPI Virxe da Cela demandaron a elaboración de presentacións individuais por parte do resto dos alumnos/as que están a participar no proxecto, e desta forma, coñecernos todos un pouquiño mellor.
Visitamos a páxina de Entreculturas que apoia a campaña da SAME 2013 (Semana de Acción Mundial pola Educación), que este ano leva o título "Sen profes non hai escola". Mergullámonos por ese mapa mundi que reflexa a cantidade de áreas nos diferentes continentes que aínda carecen do profesorado necesario para levar a cabo o gran proxecto da EDUCACIÓN. O vindeiro luns 22 de abril voltaremos a esta páxina para facer individualmente as nosas aportacións, e aínda que sexa dunha maneira simbólica, trataremos de acadar o obxectivo.
Unha das grandes ideas que tiveron lugar froito desta visita foi a de poñer todos os medios para convidar a nosa amiga Pavani, a nena india que temos apadriñada a través da Fundación Vicente Ferrer, a visitar Monfero e compartir unha experiencia máis real. Para o próximo curso pensaremos en diferentes accións para finanzar a súa viaxe, ao igual que solicitar todos os permisos pertinentes. Todo é posible se estamos comprometidos coa nosa causa.
martes, 5 de marzo de 2013
PROXECTO COMPARTIDO NORTE-SUR
Convidados pola ONG Entreculturas, os rapaces e rapazas de 1º da ESO do CPI Virxe da Cela participarán nun proxecto compartido con outros centros escolares galegos, de outras comunidades autónomas, e incluso de outros países como Colombia e Nicaragua. Os obxectivos deste proxecto están centrados no análise, a reflexión e a construción conxunta de coñecementos sobre a realidade social cunha mirada local e global, e co traballo en grupo e a cooperación, como vías para fomentar o desenvolvementos de valores da solidariedade, igualdade, comprensión mutua, respecto, amistade, xustiza e cambio social.
Para a presentación deste proxecto contamos coa visita de Sandra Rodríguez Couso, técnica da ONG Entreculturas, o luns 11 de marzo de 2013. Navegamos con ela pola plataforma REDEC, e visionamos algunhas das presentacións dos grupos que participaron neste proxecto no pasado curso académico.
Este proxecto levarase a cabo a través da plataforma dixital REDEC. Se premedes na seguinte imaxe poderedes acceder directamente a este espazo.
Etiquetas:
Entreculturas,
Proxecto Compartido Norte-Sur,
REDEC
Suscribirse a:
Entradas (Atom)