miércoles, 19 de febrero de 2020

CHARLA EMPRENDEDORES CON FUNDACIÓN AYUDA EN ACCIÓN

O luns 17 de febreiro de 2020, da man da Fundación Ayuda en Acción, tivemos convidado (no noso centro a Iván García, un xoven coruñés premiado pola súa idea empresarial BIMA. Iván intentou transmitir aos nosos rapaces e rapazas as claves para o emprendemento e a importancia da súa formación para ter un futuro profesional exitoso. Incidiu na utilización das tecnoloxías de información e comunicación como un elemento moi importante no presente, tanto na educación como no mundo laboral. A Fundación Ayuda en Acción leva anos colaborando co CPIP Virxe da Cela, aportando oportunidades, a través de iniciativas como Irimonl@b, un taller ou espazo creativo no que participan unha decena de alumnos/as fóra do horario escolar.