Mostrando entradas con la etiqueta SAME. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SAME. Mostrar todas las entradas

sábado, 24 de mayo de 2025

O CPI VIRXE DA CELA NO PARLAMENTO GALEGO

Acto Campaña Mundial pola Educación 2025 no Parlamento de Galicia. Venres 23 maio 2025. Santiago de Compostela. Seis alumnos/as de 1º da ESO do CPI Virxe da Cela participan neste acto da Campaña Mundial pola Educación 2025, centrado este ano na "Educación en Emerxencias". Presentaron ante os representantes das diferentes forzas políticas as súas propostas para afrontar este tema, a educación en emerxencias, esixindo o compromiso do goberno. O seu discurso foi traballado previamenten na clase, analizando diferentes elementos e redactando o mesmo de maneira democrática, tendo en conta as opinións de todos/as. 









Parlamento Programa Cme 23.05.2024 by veracruces

Discurso Parlamento Galego 23 Maio 2025.Docx by veracruces


Difusión da xornada por parte do Parlamento de Galicia.

jueves, 13 de febrero de 2025

CURSO EN LIÑA CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN

Desde a Campaña Mundial pola Educación (CME) Galicia, convídannos a sumarnos a este curso deseñado para: Curso en liña de : “Guía de Formación de Activistas Xuvenís polo Dereito á Educación” dentro do proxecto da Campaña Mundial pola Educación 2025 Galicia. Toda unha experiencia de aprendizaxe coa que adquirimos as competencias para:

✔️ Dotarse de ferramentas pedagóxicas e recursos innovadores. 

✔️ Fortalecer a túa capacidade para fomentar o activismo xuvenil. 

✔️ Inspirar as mozas e mozos a defender o seu dereito a unha educación inclusiva, equitativa e de calidade. 




jueves, 11 de mayo de 2023

PODCASTS SAME 2023

 Alumnado de 2º da ESO do CPI Virxe da Cela participaron na Semana Mundial de Acción pola Educación sensibilizando á comunidade educativa a través da elaboración de podcasts radiofónicos nas materias de Educación en Valores e Relixión.Todo o proceso foi levado íntegramente polo propio alumnado: desde a elaboración do guión, a gravación e edición do audio utilizando o software Audacity e a difusión a través do canal Ivoox. 



martes, 7 de octubre de 2014

CARTA DO MINISTERIO DE ASUNTOS EXTERIORES E COOPERACIÓN INTERNACIONAL

A protesta non ten por que vir da man da violencia, senón que podemos utilizar ferramentas moito máis efectivas para loitar coas inxustizas. O diálogo é unha delas, e confiamos que unha palabra ben utilizada poda dar moitos froitos. O pasado curso académico unímonos a unha proposta da Campaña Mundial pola Educación (CME) 2014, que consistía na redacción de cartas aos políticos, xa que nas súas mans está modificar as leis que faciliten unha educación de calidade para todos e para todas.

O alumnado de 4º da ESO na materia de Educación Ético-Cívica centrou a proposta dirixindo as súas cartas a José Manuel García Margallo, ministro de Asuntos Exteriores e Cooperación Internacional. Fai unha semana o gabinete do ministro redactou unha carta en resposta ás peticións e cuestións dun alumno de 4º de ESO, que a continuación publicamos. Este é un dos exemplos que nos verifican que é posible aportar unha pequena acción para cambiar o mundo.


 


lunes, 7 de mayo de 2012

AS PRIMEIRAS LEMBRANZAS DA ESCOLA


Os corredores do edificio de secundaria están moi concurridos últimamente, debido ao éxito da exposición "A gran imaxe", realizada para conmemorar a Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME). Alumnado e profesorado da ESO penduraron as súas lembranzas máis entrañables dos seus inicios na escola, acompañadas de imáxenes evocadoras da etapa da infancia. Son moitos os que se achegan con grande curiosidade para descubrir quen é quen nesa galería de fotos de album da memoria.

domingo, 17 de abril de 2011

A SAME NO CPI VIRXE DA CELA




Xunto co Rastro Solidario 2011 e os obradoiros de Contos Solidarios impartidos por Anxo Moure, completamos esta xornada especial do venres 15 de abril de 2011 coa celebración da campaña da SAME no CPI Virxe da Cela. Contamos coa visita de José Luís Pastoriza, técnico de Entreculturas, e Miguel Rodríguez, técnico da CME Galicia. Xuntos presentaron ao alumnado de ESO as liñas fundamentais da campaña, e mostraron o vídeo da campaña da SAME 2010, "Un gol pola educación". As dúas alumnas que representaron ao noso centro no acto da SAME celebrado en Madrid o pasado martes 12 de abril, Luz Mery e Anaís, expuxeron aos seus compañeiros/as as súas impresións e compartiron a súa experiencia, mostrando as fotografías e os videos da recepción no Congreso dos Deputados e a rolda de prensa posterior.