Mostrando entradas con la etiqueta rastro solidario. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta rastro solidario. Mostrar todas las entradas

viernes, 24 de mayo de 2024

CARTEL FEIRA SOLIDARIA

 



O Rastro Solidario é unha actividade de sensiblización que se leva realizando no noso centro desde hai máis dunha década. Ano tras ano (aínda que a pandemia interrumpiu a continuidade) o proxecto Monferosolidario mobiliza a toda a comunidade educativa para reflexionar sobre o consumismo excesivo, a acumulación de bens materiais, as fenda social, as prácticas de produción excesiva que danan os ecosistemas, etc. Un día ao ano organízase un Rastro ou Feira Solidaria na que todos/as aportamos algúns obxectos que xa non usamos para poñer á venda e darlle un novo uso a través dun proceso de economía circular. Moitas veces utilizamos os cartos recadados para donar a unha boa causa, ou ben pagamos con trocos, utilizando produtos non perecedeiros, para axudar ás Cociñas Económicas. 

Alumnado de 4º da ESO posa xunto coa súa profesora de Educación Plástica, Visual e Audiovisual (Marta Novo) e coas coordinadoras de Monferosolidario (Yolanda Castro e Verónica Dopico) amosando un fermoso panel realizado en tela que servirá como telón de fondo para decorar e anunciar próximas edicións destas Feiras ou Rastros Solidarios.

martes, 27 de marzo de 2012

CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN PARA O RASTRO SOLIDARIO 2012



O luns 26 de marzo de 2012 o alumnado de 4º da ESO do CPI Virxe da Cela visitou as aulas de educación infantil, educación primaria e ESO do noso centro para impartir unha breve charla de sensibilización con motivo de concienciar ao alumnado da importancia da súa participación no Rastro Solidario 2012 que terá lugar o vindeiro venres 30 de marzo. Alba, Iván, María e Marta explicaron aos rapaces e rapazas que todos os cartos recadados a través da venta de obxectos no rastro empregaranse para unha segunda fase da construción dunha escola en Anantapur, A India, a través dun programa da Fundación Vicente Ferrer. A continuación incluímos o informe de localización do proxecto, no que ven especificado a situación da escola, os planos, o calendario de execución e outros datos de interese.

lunes, 19 de septiembre de 2011

CONSTRUCIÓN DUNHA ESCOLA EN RACHEPALLI, A INDIA

A Fundación Vicente Ferrer remitiu ao noso centro unha carta de agradecemento e un recibo acreditativo da trasferenica de 1.000 euros realizada a data de 15 de xuño de 2011. Estes cartos eran o resultado da recadación dun rastro solidario que celebramos en Abril, coa finalidade de concienciar ao noso alumnado e á comunidade educativa en xeral da importancia das nosas accións na construción dun mundo mellor. Agora os nosos esforzos van ter resultados visibles, xa que coa nosa colaboración de 1.000 euros participaremos nun proxecto de construción dunha escola na aldea de Rachepalli, situada na area de B.K. Samudram, Anantapur (A India). A Fundación Vicente Ferrer elaborou un documento PDF incluíndo os datos técnicos deste proxecto.







lunes, 13 de abril de 2009

RASTRO SOLIDARIO

Dende as materias de Educación para a Cidadanía e Relixión de Secundaria decidimos programar un Rastro Solidario para recadar fondos para a ONG Save the Children no seu proxecto de axuda a Níxer.

Save the Children, é unha ONG que está levando a cabo un proxecto de educación en valores, para contribuír á mellora da vida de moitos nenos e nenas do Níxer.

O rastro levouse a cabo o venres 3 de abril, e foi todo un éxito. A continuación podedes ver a reportaxe do mesmo.

PREPARANDO O RASTRO SOLIDARIO





MONTAMOS O RASTRO





PERO QUE BONITO QUEDOU!





DURANTE AS PRIMEIRAS HORAS DA MAÑÁ, VOLUNTARIAS DA CRUZ VERMELLA DE BETANZOS ACOMPAÑADAS POR INMIGRANTES DE SENEGAL,REALIZARON UNHA CHARLA COLOQUIO PARA OS ALUMNOS DA ESO.



domingo, 12 de abril de 2009

Os amigos senegaleses fixeron unha demostración de percusión e baile do seu país.
Algúns alumnos tamén quixeron demostrar as suas dotes na arte de tocar.









COMEZAMOS O RASTRO








O RASTRO ESTIVO MOI CONCURRIDO DURANTE TODA A XORNADA





UF!... qué éxito de vendas... Quedou todo baleiro.
Aquí vemos a Verónica toda contenta dando as grazas con
unha aperta simbólica, a tod@s os que participaron no
rastro solidario.


OS ALUMN@S DE 4º CONTAN O DIÑEIRO CONSEGUIDO.

GUAU!, NADA MENOS QUE 520,43 €

TODO UN ÉXITO!