viernes, 24 de mayo de 2024

CARTEL FEIRA SOLIDARIA

 



O Rastro Solidario é unha actividade de sensiblización que se leva realizando no noso centro desde hai máis dunha década. Ano tras ano (aínda que a pandemia interrumpiu a continuidade) o proxecto Monferosolidario mobiliza a toda a comunidade educativa para reflexionar sobre o consumismo excesivo, a acumulación de bens materiais, as fenda social, as prácticas de produción excesiva que danan os ecosistemas, etc. Un día ao ano organízase un Rastro ou Feira Solidaria na que todos/as aportamos algúns obxectos que xa non usamos para poñer á venda e darlle un novo uso a través dun proceso de economía circular. Moitas veces utilizamos os cartos recadados para donar a unha boa causa, ou ben pagamos con trocos, utilizando produtos non perecedeiros, para axudar ás Cociñas Económicas. 

Alumnado de 4º da ESO posa xunto coa súa profesora de Educación Plástica, Visual e Audiovisual (Marta Novo) e coas coordinadoras de Monferosolidario (Yolanda Castro e Verónica Dopico) amosando un fermoso panel realizado en tela que servirá como telón de fondo para decorar e anunciar próximas edicións destas Feiras ou Rastros Solidarios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario