Prezados amigos e amigas:
O 27/05/2024 recibimos un ingreso pola cantidade de 505€ do voso centro.
En nome dos nenos e nenas do noso programa queremos darvos as grazas polo voso esforzo e implicación.
Facede extensible este agradecemento aos vosos compañeiros e compañeiras, que trasladaron toda a ilusión polo proxecto ao seu alumnado, quen se mobilizou e se puxo en marcha tódolos recursos ao seu alcance: o seu propio esforzo e foron o altofalante para que a súa contorna coñecera a complexa situación que atravesan milleiros de nenos e nenas.
E, por suposto, grazas ás familias do voso centro, que aportaron o seu gran de area en forma de doazón económica. A vosa axuda permítenos seguir traballando polos dereitos da infancia e lograr que nenos e nenas sobrevivan, teñan acceso a unha educación de calidade e estean protexidos.
Grazas por darlles a oportunidade de seguir soñando: Axuntamos un diploma para o centro e un recibín para compartir partillar con toda a comunidade educativa. Ao final do curso recibiredes a memoria da actividade.
Facémosvos chegar tamén o noso selo de centro solidario. Podede descargalo e incluílo na vosa web ou blogue. Este selo representa todo aquilo polo que traballamos en conxunto: a defensa dos Dereitos da Infancia.
Grazas dende o Equipo de Programas en Centros Escolares. Save the Children.
No hay comentarios:
Publicar un comentario