Mostrando entradas con la etiqueta Mediación entre iguais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Mediación entre iguais. Mostrar todas las entradas

jueves, 29 de abril de 2021

PRESENTACIÓN SERVIZO DE MEDIACIÓN

Un grupo de alumnos/as de 1º da ESO (Silvia, Eva, Lucía, Iria, Diego C., Bruno e Marcos), acompañados pola orientadora Magú Puchades, visitaron as aulas de educación primaria para presentar o Servizo de Mediación.







Tríptico - Servizo de Mediación CPIP Virxe Da Cela by veracruces on Scribd

martes, 20 de abril de 2021

COÑECES O SERVIZO DE MEDIACIÓN?

Que e iso da "mediación"? Descubriches signos de interrogación nos corredores do centro? Pois, paciencia, en poucos días despexaranse todas as incógnitas!!. Campaña de promoción do Servizo de Mediación Escolar CPIP Virxe da Cela.




miércoles, 24 de marzo de 2021

REMATADA A FORMACIÓN EN MEDIACIÓN

 Martes 16 marzo. Última sesión de Formación en Mediación. 

     Os primeiros días centrámonos na teoría. Despois facíamos xogos interpretando conflictos , e un de nos era o mediador. Nestes xogos había que axudar a que as persoas que tiveran un conflicto resolveran o problema soas. Ademáis non sempre había unha soa resposta. Durante as últimas clases aprendimos a manexar todos os papeis conforme dúas ou máis persoas piden que lles axude a resolver o seu conflicto un mediador. Por último Andrea, a profe de mediación, deunos uns diplomas conforme remataramos a nosa aprendizaxe sobre a mediación. A min persoalmente pareceume moi divertido e moi efectivo para os conflictos , sobre todo para os da vida cotiá. Eu animaría a xente a que se apuntara a un obradoiro de mediación coma este. Iria Lence Porca (1º ESO)

       O obradoiro consistiu en que nós aprenderamos como solucionar os conflictos que poden xurdir no día a día da nosa vida cotiá. A min o que máis me gustou foi o roleplay que consistía nun conflicto conxunto no que había dous mediadores que tiñan que solucionalo. O obradoito foi moi interesante porque aprendín moitas cousas, como por exemplo, que todos os conflictos teñen unha posible solución sen chegar a facelos moito mais grandes. Eu penso que no futuro sempre se pode aportar algunha cousa das que aprendimos como por exemplo solucionar un conflicto para que non chegue nin a peleas nin a insultos. Lucía Freire Souto (1º ESO)



martes, 26 de enero de 2021

SEGUNDA SESIÓN FORMACIÓN EN MEDIACIÓN

O grupiño de alumnos e alumnas de 1º da ESO que participan voluntariamente na  Formación en Mediación de Conflitos continúa avanzando da man de Andrea Montero. Publicamos neste espazo unha interesante crónica de Andrea, quen explica o seu traballo en prol da creación dun equipo de mediación para a resolución pacífica de conflitos. Martes 26 xaneiro 2021. Alumnado voluntario 2º ESO









Andrea Montero Texto Mediación by veracruces on Scribd

martes, 19 de enero de 2021

FORMACIÓN EN MEDIACIÓN

  "O conflito forma parte da natureza humana. Apostar pola convivencia supón buscar opcións pacíficas de abordar os conflitos. Unha destas maneiras é a través da MEDIACIÓN. Esta semana comezamos a formación do alumnado de 1º de ESO que, de forma voluntaria, decidiu formar parte do servizo de mediación do CPIP Virxe da Cela. O martes 19 de xaneiro de 2021 tivo lugar a primeira das oito sesións que conformarán o curso de formación en Mediación organizado polo departamento de Orientación e no que participarán 7 alumnos/as de 1º da ESO. 

      Magú, a orientadora, presentou a Andrea Montero Ramos, educadora social encargada de impartir a formación, e tivemos asimesmo como convidados a catro alumnos/as de 4º da ESO (Marta, Ariadna, Daniel e Hugo), que xa participaron a anterior formación en mediación que tivo lugar no curso académico 2018-2019 e que explicaron aos rapaces/zas a importancia desta experiencia nas súas vidas.

    Esta formación ten como obxectivo desenvolver as habilidades e competencias necesarias para que os futuros mediadores e mediadoras sexan capaces de axudar a persoas que entren nun conflito a chegar a unha resolución pacífica. Contar cun servizo de mediación nun centro educativo, supón:

 - Clima máis pacífico e produtivo. 

 - Mellora das relacións. 

 - Facilita a comunicación. 

 - Reducir a necesidade de acudir a medidas disciplinarias. 

 - Previr a violencia. 

 - Reducir as emocións negativas asociadas aos conflitos."    






viernes, 26 de abril de 2019

VII ENCONTROS DE CONVIVENCIA POSITIVA. Un mar de redes

O 26 e 27 de abril tiveron lugar os VII Encontros de centros para unha convivencia positiva, que baixo o lema Un mar de redes se desenvolveron no IES Mestre Landín de Marín.

Ata alí acudiron Marta e Hugo de 2º de ESO, en representación do alumnado mediador do centro, acompañados de Magú (Orientadora) e Abel (formador en Mediación).
Nos encontros participamos un total de 24 centros de toda Galicia e durante dúas xornadas debatemos e aprendemos, profesorado, alumnado e familias,  da man de Jordi Adell, Juan Vaello Orts sobre aspectos como os retos da educación na era dixital e as novas metodoloxías de traballo nas aulas e puidemos disfrutar das boas prácticas educativas dos centros participantes.

Todo isto completouse con obradoiros e sesións de teatro e parte das conclusións recolléunas @Cris_MartiR a través de visual thinking.



Inauguración

Taller


jueves, 14 de marzo de 2019

ENTREGA DE DIPLOMAS DO CURSO DE MEDIACIÓN

     Martes 12 de marzo de 2019. Abel (monitor do curso), Maica (traballadora social do Concello de Monfero), Magú (orientadora). Entrega de diplomas ao alumnado de 2º de ESO participante no Curso de Formación en Mediación Entre Iguais.
      O día 6 de novembro de 2018 presentamos o proxecto de mediación ao alumnado de 2º de ESO… que rápido pasa o tempo!! Despois de case cinco meses facemos a entrega dos diplomas ao alumnado que voluntariamente quixo participar: Ariadna Díaz Tondo Marta Fernández Sanjúan Hugo Lucía Romero Daniel Pena Bonome Felipe Rey Castro Rubén Rodríguez Fernández Cristina Vázquez Varela.
    Ademais de Abel (animador sociocultoral) e Magú (orientadora) achegóuse ao noso cole para realizar esta entrega, Maica (Traballadora Social do concello de Monfero) e, aproveitando a súa presencia pedímoslle que un día que teña tempo veña de novo a explicarnos cales son as funcións dunha traballadora social e, se pode ser, tamén dun educador ou educadora social.
    Pero isto non acaba aquí! Os días 26 e 27 de abril, Hugo e Marta, en representación dos mediadores poderán participar nos VII Encontros de centros para unha convivencia positiva: un mar de redes, que se celebra no IES Mestre Landín de Marín, onde poderán compartir experiencias con outros mediadores e mediadoras, así como mellorar a súa formación.















martes, 15 de enero de 2019

OBRADOIRO DE MEDIACIÓN

Proseguimos neste segundo trimestre o obradoiro de "Mediación entre iguais" no que un grupo de alumnado voluntario de 2º da ESO está a aprender técnicas de resolución de conflitos. 



miércoles, 21 de noviembre de 2018

CURSO DE MEDIACIÓN



Experimentar e vivir os conflitos é parte indispensable da vida en sociedade, xa que forman parte da condición humana, as actitudes que adoptemos ante eles e as habilidades que teñamos para resolvelos van a facer que a nosa vida sexa máis ou menos satisfactoria. A mediación escolar como instrumento de mellora nas relación interpersoais e a xestión de conflitos ten un longo percorrido no ámbito escolar. Isto unido ao traballo en valores e pola boa convivencia no CPI Plurilingüe Virxe da Cela, en coordinación co concello de Monfero a través de Abel, animador sociocultural, lévanos a deseñar unha formación en mediación para o alumnado voluntario de 2º de ESO.





martes, 6 de noviembre de 2018

PRESENTACIÓN DO PROGRAMA MEDIACIÓN ENTRE IGUAIS


Dentro do Plan de Convivencia do Centro, recóllense entre outros aspectos, a resolución pacífica dos conflitos da comunidade educativa a través de, entre outros, a MEDIACIÓN ENTRE IGUAIS.  E hoxe,  Abel e Magú presentaron ao alumnado de 2º ESO o proxecto para poder implementalo este curso no noso centro.
Tomando como marco legal a LEI 4/2011 de 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa e o DECRETO 8/2015 de 8 de xaneiro que a desenvolve , artéllase este “Programa de Mediación entre Iguais”, co que pretendemos que os alumnos desenvolvan habilidades sociais , estratexias de resolución de conflitos, ...
A “Mediación entre Iguais”, defínese cómo un proceso de resolución de conflitos entre dúas partes (dous alumnos/as ou máis), na que unha terceira parte neutral (o mediador/a), axuda a que as partes en conflito atopen unha solución. É un proceso voluntario e confidencial. O alumnado mediador non propón solucións, senón que axuda aos alumnos/as en conflito a chegar por sí mesmos/as a un acordo satisfactorio.
Así pois o alumnado voluntario de 2º da ESO  formaranse no centro en Competencias Social e cidadá, de Autonomía e Iniciativa Persoal e a Competencia para Aprender a Aprender; ademais de estratexias de xestión positiva de conflitos que favorecen a convivencia...Desta formación xurdirán, de maneira voluntaria, os mediadores para xestionar os pequenos conflitos no centro ao longo do ano.