Mostrando entradas con la etiqueta "Móvete". Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta "Móvete". Mostrar todas las entradas

lunes, 23 de mayo de 2016

MOCIÓN DEFENSA RURAL

Si fai unhas semanas o alumnado de 5º e 6º de primaria do CPI Plurilingüe Virxe da Cela asistía a un pleno no concello de Irixoa presentando unha moción en defensa do rural baixo a entidade de "Asociación Soño Rural", de novo fixeron a mesma acción de incidencia no Concello de Monfero (sábado 21 de maio de 2016).

viernes, 15 de abril de 2016

PRESENTACIÓN DE ACCIÓNS SOLIDARIAS: PROXECTO "MÓVETE"

     E chegou o momento tan esperado. Despois de varias semanas de intenso traballo o alumnado de educación primaria do CPI Virxe da Cela presentou a proposta de acción solidaria desenvolvida no noso centro dentro do Proxecto "Móvete", nunha xuntanza celebrada o día15 de abril de 2016 na Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela). 
    Esta xornada especial estivo inaugurada por Cecilia Vázquez, Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, quen xa visitou o noso centro fai un par de meses, na presentación oficial do Proxecto Móvete. Cecilia agradeceu ao profesorado e alumnado do CPI Virxe da Cela a súa participación, así como aos otros centros participantes, o CEIP A Lomba (Villagarcía de Arousa) e o CEIP das Fontiñas. 
    Como podemos apreciar si observamos o panel "Soño rural", que xunto con trípticos e pegatinas constitúen os materias impresos que levamos para a presentación do noso proxecto, o CPI Virxe da Cela centrou o seu traballo na revalorización do rural, e o traballo presentado foi unha síntese de todas as aportacións realizadas grazas ao traballo de todo o alumnado e profesorado do centro, incluíndo as etapas de educación infantil e ESO.  Os outros centros fixeron os seus esforzos cára a protección de animáis e para axudar a cubrir as necesidades básicas ao seu redor. 
     Este evento tan importante estivo amenizado pola música de Paco Nogueiras, autor e protagonista do videoclip "Móvete", quen ofreceu un concerto en directo e deixou no aire a súa importante mensaxe "E móvete, non perdas tempo, móvete, que todo conta, e móvete, que a vida movemento é". O teremos en conta!!!




 

miércoles, 13 de abril de 2016

VIVE O RURAL: PROXECTO MÓVETE


O rural, 3º eso virxedacela from satelite1

Aquí vos deixamos a colaboración de 3º da ESO para o proxecto "Móvete", que se está levando a cabo no CPI Virxe da Cela coa intención de "revalorar o noso rural". É unha especie de decálogo recollendo certos aspectos que caracterizan tanto ao rural como ás personas que nel habitan. Cremos que valorar o que temos é o primeiro paso para protexelo e garantilo para as futuras xeracións.  

jueves, 7 de abril de 2016

XUNTANZA DE CENTROS DO PROXECTO MÓVETE


Proxecto móvete voluntariado miudo from satelite1

Penduramos o programa e instrucións para a xornada de Accións Solidarias do Proxecto "Móvete"  que terá lugar o vindeiro venres 15 de abril de 2016 na Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela), na que participará o alumnado de educación primaria do CPI Virxe da Cela (Monfero).

martes, 5 de abril de 2016

PROXECTO MÓVETE: XA TEMOS LOGO


Durante a última semana de marzo eleximos o logo co lema que representará o noso 
Proxecto Móvete.




De todos os participantes, dez foron os finalistas, pero tan só un foi o gañador…


Moitísimas grazas a todos e a todas por participar!
Nótase que no Virxe da Cela movémonos polo rural! 


miércoles, 30 de marzo de 2016

MOCIÓN DE APOIO EN DEFENSA DO RURAL




      O pasado mércores 30 de marzo o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria do CPI Plurilingüe Virxe da Cela acode ao pleno ordinario do Concello de Irixoa (13:30) dentro dunha iniciativa destinada a fomentar a organización do alumnado en prol dunha aprendizaxe que repercuta na sociedade na que se desenvolve, é dicir, que se formen cidadáns críticos e responsables. Trátase de que aprendan a xestionar as súas accións de forma coordinada, cooperativa, dialogante e democrática. 

      En dito pleno presentamos una moción de apoio ó rural en todas as súas vertentes (sociedade, cultura, economía …) que, acompañada dunha campaña de difusión das súas potencialidades, pretende facer visible ó conxunto da sociedade unha forma de vida singular e propia que non ten por qué desaparecer da nosa Comunidade, xa que foi a base da sociedade actual. Ademais expuxéronse as problemáticas máis urxentes: despoboamento, avellentamento, falla de recursos e infraestruturas, ou a crise tanto do sector agrícola como do gandeiro, facendo fincapé na perda de poder adquisitivo das xentes que vivimos ó seu redor. Dita moción foi aprobada por unanimidade. A mesma proposta tamén se trasladará no seu momento ao Concello de Monfero. 

     Os encargados de formular a proposta (alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria) forman parte da Asociación Educativa Infantil e Xuvenil Soño Rural, que constituíu dito alumnado o pasado 8 de marzo como fórmula para aglutinar as actuacións que se desenvolven no centro en prol dunha revalorización das formas de vida do rural e, o mesmo tempo fomentar a participación nas mesmas do resto da comunidade educativa e do tecido social da comarca. Ademais, as mesmas formaran parte dunha campaña de difusión automática dos valores e potencialidades do rural baixo o título “NO RURAL VIVES O NATURAL”. Dita campaña, contará cun soporte físico publicitario, e tamén será difundida a través de medios dixitais para ampliar o seu ámbito de acción. Entre as temáticas que tratará a campaña están a valoración do patrimonio natural, histórico, artístico, lingüístico, cultural, etnográfico e social entre outros a través de exemplos cotiás das formas de desenvolvemento das súas xentes. 

     En definitiva, cremos nun mundo rural vivo, no que partindo das súas potencialidades e dunha valoración positiva da súa idiosincrasia sexa quen de acadar un crecemento sostible e a valoración e o respecto da súa singularidade patrimonial (medio natural, lingua, costumes, usos, formas de desenvolvemento entre outros) para ser quen de transformar as súas potencialidades en motor económico, social e cultural. Por último, estas iniciativas desenvólvense ao abeiro do proxecto “Móvete” da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e do Plan Proxecta na modalidade “Paisaxe e Sustentabilidade ”do Instituto de Estudos do Territorio.




miércoles, 9 de marzo de 2016

ASOCIACIÓN EDUCATIVA INFANTIL E XUVENIL SOÑO RURAL

Cando dende a administración se nos propuxo a participación no proxecto Móvete, os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria estivemos nuns obradoiros nos que nos demos conta de que o traballo individual non dá tan bos resultados coma o traballo colectivo. Por iso pensamos en organizarnos nunha asociación que se convertera en motor e nos fixera protagonistas dun cambio na nosa contorna converténdoa nun espazo de convivencia e de futuro.
Animados polos nosos mestres xuntámonos para organizarnos e aprender a xestionar as nosas accións de maneira coordinada cos demais dun xeito dialogante e democrático. Así naceu a Asociación Educativa Infantil e Xuvenil Soño Rural, con sede no noso centro educativo e que tentará aglutinar as accións que dende aquí se leven a cabo na procura dun mundo rural vivo, valorado positivamente e cun crecemento sostible que nos permita vivir a todos dunha maneira digna.
Tivemos un acto fundacional da nosa asociación no que decidimos os seus fines e obxectivos i eliximos á xunta directiva; esta está formada por un presidente, unha secretaria e dous vocais. Agora estamos na fase de elaboración e aprobación dos estatutos. Mentres tanto comezamos a traballar.
Para poder levar a cabo os nosos obxectivos temos que dar tres pasos:
    1.    Coñecer a realidade,
    2.    Reflexionar sobre o positivo e negativo do mundo que nos rodea,
    3.    Actuar, conxuntamente coa sociedade na que estamos inmersos, para cambiar o que está mal e potenciar realidades e valores que nos identifican e que son positivos.
Somos conscientes de que a nosa asociación non ten valor institucional fóra da nosa escola, xa que somos menores de idade; sen embargo a través das accións levadas a cabo estaremos aprendendo o funcionamento de calquera tipo de asociación, polo que nos fixemos con un caderno no que a nosa secretaria levanta acta de cada unha das reunión para que non queden esquecidas e se nos lembren os acordos tomados para levalos a cabo.
Unha das primeiras acción que faremos será presentar unha moción de apoio ó mundo rural no Concello de Irixoa, con propostas para que os nosos políticos loiten pola recuperación e mellora da nosa contorna. Xa iremos contando como foi…


martes, 1 de marzo de 2016

OBRADOIRO "MÓVETE". RCES












Ramón Molina, martes 1 marzo 2016. Educación primaria

miércoles, 3 de junio de 2015

LIPDUB "MÓVETE"

O pasado mes de febreiro dúas alumnas de 2º da ESO do CPI Virxe da Cela (Ana Pena e Andrea Brage) participaron xunto cunha vintena de mozos e mozas nas Xornadas de Convivencia da Rede de Centros Escolares Solidarios (Plan Proxecta, Xunta de Galicia). Reunidos nun albergue de Lugo compartiron moitas experiencias e actividades, xogos, e tiveron tempo incluso de gravar este simpático lipdub co título "Móvete", un tema que identifica a toda a mocidade da Rede de Centros Escolares Solidarios, que non paran de moverse tratando de cambiar o mundo... E o están a facer pasiño a pasiño!!