Cando
dende a administración se nos propuxo a participación no proxecto Móvete, os nenos
e nenas de 5º e 6º de primaria estivemos nuns obradoiros nos que nos demos
conta de que o traballo individual non dá tan bos resultados coma o traballo
colectivo. Por iso pensamos en organizarnos nunha asociación que se convertera
en motor e nos fixera protagonistas dun cambio na nosa contorna converténdoa
nun espazo de convivencia e de futuro.
Animados
polos nosos mestres xuntámonos para organizarnos e aprender a xestionar as
nosas accións de maneira coordinada cos demais dun xeito dialogante e
democrático. Así naceu a Asociación Educativa Infantil e Xuvenil Soño Rural, con sede no noso centro
educativo e que tentará aglutinar as accións que dende aquí se leven a cabo na
procura dun mundo rural vivo, valorado positivamente e cun crecemento sostible
que nos permita vivir a todos dunha maneira digna.
Tivemos
un acto fundacional da nosa asociación no que decidimos os seus fines e
obxectivos i eliximos á xunta directiva; esta está formada por un presidente,
unha secretaria e dous vocais. Agora estamos na fase de elaboración e
aprobación dos estatutos. Mentres tanto comezamos a traballar.
Para
poder levar a cabo os nosos obxectivos temos que dar tres pasos:
1.
Coñecer a realidade,
2.
Reflexionar sobre o positivo
e negativo do mundo que nos rodea,
3.
Actuar, conxuntamente coa
sociedade na que estamos inmersos, para cambiar o que está mal e potenciar
realidades e valores que nos identifican e que son positivos.
Somos
conscientes de que a nosa asociación non ten valor institucional fóra da nosa
escola, xa que somos menores de idade; sen embargo a través das accións levadas
a cabo estaremos aprendendo o funcionamento de calquera tipo de asociación,
polo que nos fixemos con un caderno no que a nosa secretaria levanta acta de
cada unha das reunión para que non queden esquecidas e se nos lembren os
acordos tomados para levalos a cabo.
Unha
das primeiras acción que faremos será presentar unha moción de apoio ó mundo
rural no Concello de Irixoa, con propostas para que os nosos políticos loiten
pola recuperación e mellora da nosa contorna. Xa iremos contando como foi…
Acta fundacional from AR Sonia
No hay comentarios:
Publicar un comentario