Mostrando entradas con la etiqueta consumo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta consumo. Mostrar todas las entradas

jueves, 28 de febrero de 2013

CONSUME CON CABEZA




A organización Oxfan, Intermón Oxfan en España, afirma que as políticas sociais e medioambientais das dez maiores empresas de alimentación e bebidas do mundo non se adaptan ao que debe ser o seu propósito actual, e terían que ser reformadas. Estas empresas (as "10 Grandes")- que xuntas gañan 1.100 millóns de dólares ao día- non están a respectar algúns dos dereitos básicos dos millóns de persoas dos países pouco desenvolvidos ou en vías de desenvolvemento que lles proporcionan terra, auga, man de obra e materias primas para elaborar os seus produtos. 

Animamos ao alumnado do CPI Virxe da Cela a reflexionar sobre as causas da desigualdade no planeta, a distribución da riqueza e da pobreza do mundo, así como a buscar ideas para arranxar un sistema alimentario roto. Será a través da campaña "Tras a marca", que ten por obxectivo evaluar e clasificar as políticas agrícolas, os compromisos públicos e a supervisión das cadeas de suministro das 10 Grandes.


http://www.behindthebrands.org/es



viernes, 15 de enero de 2010

CRÓNICA SOBRE A XORNADA DE COMERCIO XUSTO

Aquí vos deixamos as impresións de Bea, a dinamizadora da Cova da Terra que visitou o noso centro o pasado luns 21 de Decembro para impartir obradoiros sobre o Comercio Xusto e o Consumo Responsable:


Xornada de Sensibilización: Comercio Xusto e Consumo Responsable

Unha xornada do máis completa na que se combinou a parte práctica e teórica dos dous piares básicos da nosa asociación A Cova da Terra: o Comercio Xusto e o Consumo Responsable.


A parte máis teórica fíxose a través dunha pequena charla na que se intentou introducir os rapaces e rapazas no que é o comercio xusto e cómo funciona, e así complementaron a parte práctica, pois atenderon o mercadiño con produtos de Comercio Xusto durante toda a xornada.


Para os máis cativos tivemos ao longo da maña obradoiros nos que fixemos algunhas das moitas cousas que se poden facer reutilizando materiais: marcos de fotos, paus de choiva e coches. Todo isto con materiais que podemos atopar na casa: cartóns, caixas, tetra-bricks, papeis de regalos, celo, pinturas…


A idea destes obradoiros e de que os rapaces e rapazas vexan as múltiples cousas que poden facer con materiais que teñen na casa e de introducilos nun consumo responsable e crítico. Así tamén me parece moi importante a sensibilización destes temas de cara o consumismo esaxerado, especialmente nestas datas do nadal.
Soamente me queda agradecer a invitación do centro para compartir con vos este día, e animarvos a que sigades traballando en iniciativas tan interesantes como as que estades a levar a cabo. Parabéns polo voso traballo!!
                                                                 Bea

lunes, 1 de junio de 2009

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O próximo 5 de xuño é o Día Mundial do Medio Ambiente. Baixo o lema:
"A TERRA COMPROMETIDA"
, queremos aproximarnos á difícil situación que atravesa a biodiversidade existente en moitos lugares do mundo e os/as que a habitan, por causas que teñen que ver coa actividade humana e, que en gran parte dos casos, poderían ser evitadas.

A desertización que se está a dar en moitos lugares do noso planeta pode ser natural pero en gran parte dos casos é provocada ou agravada por actividades humanas como o sobrepastoreo, a tala de árbores, o mal uso do chan e da auga ou o modelo de consumo actual, que incide no aumento do efecto invernadoiro, causando o quecemento global.

Segundo o Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente, a desertización ameaza á cuarta parte das terras do planeta.






Consecuencias: A desertización comporta fame, pobreza, guerras.
No mundo hai:

• máis de 100 millóns de persoas que sofren a ameaza do éxodo debido á inseguridade alimentaria.

• 25 millóns de persoas que se viron obrigadas a emigrar debido á desertización das súas terras.

A situación destas persoas non está recoñecida internacionalmente, polo que non existen estruturas de acollida para elas a diferenza do que ocorre coas persoas que se ven obrigadas a deixar os seus fogares por outros motivos. Expertos en desertización e migracións comezan a avogar polo recoñecemento internacional do estatus de "Refuxiado ecolóxico".

Actividade:
Propoñemos unha viaxe imaxinaria a partir da cal traballaremos o respecto e o coidado recíproco para a Terra. Iníciase cunha historia que deberá ser continuada en asemblea entre todos e todas e posteriormente traballaranse con debuxos a importancia dos elementos naturais e o compromiso que debemos asumir de coidado para eles/as.

Xesto:
Comprometéndonos coa Terra

Cadaquén pensará algunha acción que poida asumir de compromiso coa Terra (reciclar, reducir consumo, reempregar, informarse, sensibilizar a outros/as,…) e erguerase a poñer unha tiriña no mundo debuxado no cartel dicindo en voz alta o seu compromiso.

jueves, 14 de mayo de 2009

IDEAS DE BAIXO CONSUMO RESPONSABLES E SOLIDARIAS.


Ideas de baixo consumo responsables e solidarias.

Instituto Galego de Consumo, Xunta de Galicia.

Todos somos responsables das consecuencias sociais e ambientais que supón a producción dos bens e servizos que adquirimos. Sabemos que os recursos naturais son limitados, que non sempre se respectan os dereitos humanos nos procesos de fabricación e que, ademais do prezo, pódense e temos que avaliar outros factores de compra.
Cando lle engadimos o cualificativo de "responsable" ao noso consumo, estamos a falar da importancia que ten o noso papel como consumidores á hora de elexir entre as distintas posibilidades que nos ofrece o mercado, tendo en conta a protección do medio, a solidariedade e outros valores.
Así poderemos optar por un consumo ecolóxico e que non comprometa as opcións das xeracións vindeiras, así como por un consumo solidario, evitando así que o noso consumo non comprometa o benestar doutros.
O consumo responsable consiste en ter en conta todas as repercusións sociais, ambientais e económicas no momento de elexir entre as infinitas opcións que nos ofrece o mercado.


Non por mercar máis seremos máis felices...

É o momento de modificar os nosos hábitos de consumo...

PROPOSTA DE ACTIVIDADE:

Traballo en grupo: Cada grupo (4 persoas) utilizará o manual Ideas de baixo consumo responsables e solidarias, Instituto Galego de Consumo, Xunta de Galicia, para consultar información e elaborar un guión, e posteriormente cada grupo realizará unha exposición oral do seu traballo de investigación. Cada grupo centrarase nun apartado:

1.- Consumo responsable co medio ambiente.
2.- Consumo responsable dos recursos naturais: auga e enerxías.
3.- Comercio Xusto.
4.- Alimentación responsable.


Traballo individual: Manifesto de compromiso individual: modificando os meus hábitos de consumo. Presentación do traballo a través do link "comentarios".

miércoles, 18 de marzo de 2009

CAMPAÑA DE CONSUMO RESPONSABLE NAVIDEÑO

Circular ás familias: campaña de consumo responsable navideño




Queridas familias:


Dende a materia de Educación para a Cidadanía facémoslles partícipes dunha campaña de consumo responsable en Nadal, e deste xeito fomentar entre todos nós un desenvolvemento sustentable do noso Planeta, que permita mellorar as condicións de vida de todos os seus habitantes, e, á súa vez, que sexa compatible co respecto ao medio natural.


Felices Festas


Monfero, 16 Decembro 2008.

AULAFORO 2008-2009


O Proxecto Educativo Aulaforo Caja Madrid ten como obxectivo potenciar a práctica dos valores humáns e democráticos do alumnado, a través da participación e o diálogo na aula e na web do proxecto.

Este ano o tema de Aula Foro xira en torno a cuestións medioambientais sobre a agua.

sábado, 14 de marzo de 2009

CAMPAÑA SOLIDARIA "DOA O TEU MÓBIL"

ÉXITO DA CAMPAÑA DE MÓBILES!.
O NOSO CENTRO LOGROU RECOLLER NADA MENOS QUE 55 MÓBILES.
GRAZAS A TODOS POLA COLABORACIÓN E SOLIDARIEDADE.

Os nosos ordenadores e móviles teñen un prezo altísimo. Porque a súa fabricación é imposible sen coltán, máis de 300.000 nenos e nenas matan e morren nun conflito que sacode África Central e centos de miles de persoas estano pagando nestes días. Unha das causas: o control do coltán.
Preguntarasche que é o coltán e por que pode converter nenos e nenas en soldados?. Coltán é a abreviatura de columnita e tantalita, dous minerais que unidos fainos imprescindibles na fabricación de teléfonos móbiles e ordenadorese e... ante un mercado xigantesco, a República Democrática do Congo posúe o 80% das reservas mundiais. Lonxe de levar prosperidade ao país, é parte da orixe dun conflito que ameaza con ser eterno. Gran parte dos ingresos da venda do coltán serviron para comprar armas.

O resultado?
Unha guerra na que xa morreron case 5 millóns de persoas, máis de 350 mulleres e nenas son violadas cada mes, hai case dous millóns de desprazados, e uns 7.000 nenos e nenas combaten como soldados.
Sácaselles á forza do colexio ou das súas casas, reciben malos tratos, torturas, son violados e obrigados a violar e asasinar. Na rexión de Kivu, a metade dos menores que foran desmovilizados volveron a ser recrutados. A súa experiencia convértelles en recrutas valiosos e ponlles en especial perigo.

Como podemos axudar?
Se temos algún móbil que xa non usamos non o tires, senón todo o contrario: utilízao para axudar ás vítimas deste conflito. Fariamos moito se doamos o noso móbil vello, practicamente estaremos facendo canto está nas nosas mans para que ningún neno teña que deixar de selo polo noso benestar.
Grazas por utilizar o voso móbil para conseguir que a súa fabricación non resulte tan cara.














viernes, 13 de marzo de 2009

OPERACIÓN QUILO. SOLIDARIOS COA COCIÑA ECONÓMICA DE FERROL.


Niste Nadal realizamos unha "operación quilo" de recollida de alimentos implicando a todo o centro. Os alumnos de primaria e secundaria, así como os profesores do centro aportaron perto de 200 quilos de alimentos, que foron empaquetados e levados á "Cociña Económica" de Ferrol.
Dende aquí queremos dar as mais expresivas grazas a toda a comunidade educativa polo seu traballo, implicación e xenerosidade e ás familias e alumnos en especial, pola sua colaboración.