viernes, 15 de enero de 2010

CRÓNICA SOBRE A XORNADA DE COMERCIO XUSTO

Aquí vos deixamos as impresións de Bea, a dinamizadora da Cova da Terra que visitou o noso centro o pasado luns 21 de Decembro para impartir obradoiros sobre o Comercio Xusto e o Consumo Responsable:


Xornada de Sensibilización: Comercio Xusto e Consumo Responsable

Unha xornada do máis completa na que se combinou a parte práctica e teórica dos dous piares básicos da nosa asociación A Cova da Terra: o Comercio Xusto e o Consumo Responsable.


A parte máis teórica fíxose a través dunha pequena charla na que se intentou introducir os rapaces e rapazas no que é o comercio xusto e cómo funciona, e así complementaron a parte práctica, pois atenderon o mercadiño con produtos de Comercio Xusto durante toda a xornada.


Para os máis cativos tivemos ao longo da maña obradoiros nos que fixemos algunhas das moitas cousas que se poden facer reutilizando materiais: marcos de fotos, paus de choiva e coches. Todo isto con materiais que podemos atopar na casa: cartóns, caixas, tetra-bricks, papeis de regalos, celo, pinturas…


A idea destes obradoiros e de que os rapaces e rapazas vexan as múltiples cousas que poden facer con materiais que teñen na casa e de introducilos nun consumo responsable e crítico. Así tamén me parece moi importante a sensibilización destes temas de cara o consumismo esaxerado, especialmente nestas datas do nadal.
Soamente me queda agradecer a invitación do centro para compartir con vos este día, e animarvos a que sigades traballando en iniciativas tan interesantes como as que estades a levar a cabo. Parabéns polo voso traballo!!
                                                                 Bea

1 comentario:

  1. YAIZA SEIJAS ABEAL1 de marzo de 2010, 13:27

    Nosotros 2 da eso vimos la pelicula,el señor der las moscas.Nesa pelicula vimos que o mundo dos nenos e moi duferente a dos adultos,despois de ver a pelicula aprendin que hai que escoitar as opinions das persoas.E despois escoller a idea mellor.Na pelicula un neno rubio que namais que queria cazar e comer
    e os demais como tiñan que comer alguns foronse e outros quedaronse.No grupo do lider moreno,pensaban mellor.E o final do grupo que pensaban mellor quedou namais que o lider e case o matan.

    ResponderEliminar