Clausuramos a xornada do Rastro Solidario "Emerxencia en Haití" cun balance moi positivo. Quedará en todos nós unha lembranza deste día tan especial, no que todos participamos unidos por unha causa solidaria, cooperando, compartindo, axudando, traballando en equipo: profes, alumnos/as, nais, personal non docente, etc...
Hoxe mostramos o traballo de toda esta semana, na que moitos de nós invertimos horas distribuíndo o espazo, organizando o material, envolvendo agasallos, tasando os obxectos, etc.
Dende primeira hora da mañá os grupos, acompañados polos titores/as, visitaron o rastro e efectuaron as súas compras. Os maiores do centro, os rapaces e rapazas da E.S.O. foron os encargados de atender o noso fermoso "chiringuito", manexando os cartos, axudando e aconsellando aos máis pequenos, repoñendo obxectos no mostrador a medida que se efectuaban as vendas, etc.
Recibimos a visita de Sandra, a técnico de Entreculturas, que unha vez máis alentounos a seguir nesta liña de traballo, e non deixou de eloxiar a "madeira" destes rapaces e rapazas de Monfero, tan implicados e respetuosos, e tan alonxados desa imaxe da adolescencia egoísta que habita na mente de moitos adultos...
Tamén contamos coa visita de Mercedes Cachaza, unha mestra moi querida por todos e todas, que aínda que se xubilou o pasado curso, continúa moi vinculada coa nosa escola, e quixo ser tamén partícipe desta xornada, e marchou conmovida e orgullosa de seguir pertencendo a esta comunidade educativa.
Foi un día de euforia colectiva, e o corredor de secundaria parecía un formigueiro humano xuntando no mesmo espazo aos peques, os maiores, os profes, as cociñeiras, as nais coidadoras do comedor escolar, etc.
Queremos agradecer en primeiro lugar á dirección do centro por impulsar as nosas iniciativas; dar gracias pola colaboración de todos/as aqueles/as que fixeron donativos, especialmente a empresa RENOR S.L. por todo o material que nos cedeu; a Karina, por todo o seu interese e voluntariedade, sacrificando un día de traballo na súa empresa para poder botar unha man...
Queremos recordar que para nós o máis importante é COMPARTIR, VIVENCIAR, SENSIBILIZARNOS, EDUCARNOS.... aínda que se queredes cifras (que para nós é algo secundario) aí vai o balance......

RECADACIÓN DE VENDAS: 1291´78 euros
RECADACIÓN CAIXA DONATIVOS: 410 euros
TOTAL: 1701'78 EUROS
Durante a tarde do xoves os alumnos de 4º e 3º da E.S.O. xunto cos profesores montaron o rastro para que o venres a primeira hora estivese todo listo.
O alumnado de 3º de E.S.O. encargouse de facer un mural e de decorar os pasillos e a entrada donde se levou a cabo o rastro.
COMEZAMOS O RASTRO
O venres foi o alumnado de infantil e primaria, xunto coas suas profes, os primeiros en visitar o rastro.
As profes tamén disfrutaron facendo as suas compras.
A nosa querida compañeira Mercedes tamén nos visitou. Aquí a vemos con algúns dos seus antigos alumnos. Tivo a oportunidade de felicitalos a todos e, por suposto, levar algunga que outra cousa do noso rastro.
O mercadiño estivo moi concurrido durante toda a xornada. Aquí vemos ó alumnado de secundaria ansioso na súa visita.
Tivemos a visita de Sandra a técnico de Entreculturas que quixo compartir esta xornada con nós e, por suposto, facer tamén algunha que outra compra.
Tamén visitou o rastro o persoal non docente do noso colexio aportando o seu graiño de area para esta causa.
E por suposto as familias dos nosos alumnos/as.
Aquí vemos ós alumnos e alumnas que se encargaron durante toda a xornada do rastro, facendo o reconto dos cartos.
GRAZAS A TODOS E TODAS: ALUMNOS, FAMILIAS, PERSOAL NON DOCENTE, PROFESORADO E CENTRO EN XERAL, POLA SUA COLABORACIÓN, PARTICIPACIÓN E SOLIDARIEDADE.
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
ResponderEliminarOla. Son de Ares e un seguidor do voso blogue. Douvos a máis efusiva noraboa por esta iniciativa do rastro solidario. Da gusto ver como tódolos rapaces do colexio se implican por unha boa causa coma ista. Seguide así. Eu xa lle din a Yoli moitas cousiñas para o voso rastro solidario. Vou a comenzar a xuntar para o do ano que ven.
ResponderEliminarInsisto, a máis fervorosa noraboa a toda a cominudade educativa. Raul
Da gusto veros a todos tan contentos. Estas iniciativas, además de educativas y solidarias, son importantes porque pienso que unen más a la comunidad educativa.
ResponderEliminarFelicidades
Gusta ver que seguides tendo tan boas ideas e iniciativas tan necesarias. Seguide así. Felicidades. Ana M. Pereiro.
ResponderEliminarprofesora ti solo pon a foto na que solo traballaba teresa ehh nin que eu non traballara ahi!ahi!os profesores tamen teñen que trballar e mais para unha cousa coma esta que aqui si que colabora todo o mundo e xa estabamos apurados para colocar todo e os precios
ResponderEliminarfran
¿Qué es una comunidad educativa? !Que os lo pregunten a vosotros!...
ResponderEliminarCuando una de vuestras profesoras me hablaba de un instituto en el que los muchachos y muchachas eran sumamente respetuosos, que era una satisfacción encontrarse con ellos por las calles del pueblo, que producía orgullo ser su maestro... yo me imaginaba que me hablaba de su sueño... pues no... era la realidad... ¡Ahí estáis vosotros dándole forma a esa realidad!¡Ahí estáis cambiando un poquito este mundo! ¡Ánimo!, pero no olvidéis, en vuestra vida diaria los numerosos "haitís" que conviven con nosotros.
Por cierto... ¿Por dónde andaba la Carmiña que no la veo en las fotos?
Bicos fortes. ¿Se dice así?
Aínda que nos levou tempo preparar o rastro, para nos foi un éxito xa que eu persoalmente nunca pensei que ibamos recaudar tanto diñeiro. Eu creo que disfrutamos todos preparando o rastro, comprando e despois cando nos dixeron o diñeiro que xuntaramos ainda mais.
ResponderEliminar