Mércores 15 outubro 2025. Roi Quitián, da asociación AGARESO (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social) visitou hoxe o noso centro para facer a última das actividades integradas dentro do proxecto Rede Compás, que deu inicio en setembro de 2024. Todo o alumnado do CPI Virxe da Cela que de maneira voluntaria decidiu formar parte deste proxecto para a mocidade tivo a oportunidade de analizar todos os obxectivos acadados e de deseñar a maneira de dar continuidade a esta iniciativa, xa que a Rede Compás foi unha semente que pode seguir medrando.
A Rede Compás intégrase na convocatoria Erasmus Plus KA154, financiado por la UE, e realizarse a través dun convenio de colaboración con AGARESO. Consta de varias formacións online e presenciais, unha xuntanza con outros centros galegos en abril de 2025, unha comunicación de guerrilla e un acto de incidencia política no noso concello (xuño 2025) e unha viaxe ao Parlamento Europeo en setembro 2025. O CPI Virxe da Cela é un dos cinco centros galegos que forma parte da Rede Compás (cun total de 15 alumnos/as participantes e 3 docentes).
No hay comentarios:
Publicar un comentario