Mércores 14 de maio 2026. Charla para 3º e 4º ESO. De 11:00 a 12:00
Fai uns días veu ao noso insituto Francisco Millán Mon. Explicounos nunha charla cousas sobre a Unión Europea e o seu traballo como eurodeputado. Tamén explicou como funcionan as institucións europeas e como as decisións que se toman en Europa tamén importan na nosa vida, aínda que esteñamos moi lonxe. Por último falounos da importancia de que os xóvenes participemos na sociedade e esteñamos informados sobre as cousas que afectan ao noso futuro.
Pareceume unha charla moi interesante porque puidemos coñecer de primeira man a experiencia dunha persoa que leva moitos anos traballando nas institucións europeas. Sorprendeume moito que teña setenta e pico de anos, porque aparenta sesenta e algo.
Ao final da charla puidemos facer preguntas. Foi unha boa experiencia que nos axudou a aprender máis sobre Europa. Do que máis nos falou foi de que Galicia exporta moito atún e que a pesca de Galicia era moi importante en Europa e no mundo. MGT (4º ESO).

No hay comentarios:
Publicar un comentario