miércoles, 10 de junio de 2026

CLAUSURA PROXECTO SCHOOL TO SCHOOL

 Remata o curso e non queremos marchar de vacacións sen antes agradecer ao alumnado do CPI Virxe da Cela pola súa participación no proxecto School to School, da Fundación Vicente Ferrer. Os diferentes cursos que formaron parte desta iniciativa irán recibindo uns coloridos diplomas acreditativos e para deixar bo sabor de boca realizarase o visionado dos materiais que os alumnos e alumnas da Konampalli School, en Anantapur (A India) elaboraron con moito cariño para nós e que xa están pendurados na plataforma dixital que a FVF ten habilitada en internet. Despois de ver as fotografías, os debuxos e os vídeos que nos mandaron, e tras ler a súa cariñosa carta, podemos afirmar que a pesares da distancia e das enormes diferencias culturais, realmente son nenos e nenas coma nós que lles encanta xogar ao aire libre e divertirse, algo que é universal na infancia. 






Cpi Virxe Da Cela – School to School from Konampalli School. 2025-2026 by veracruces

No hay comentarios:

Publicar un comentario