Un ano máis o CPI Virxe da Cela quixo sumarse á proposta da SAME (Semana de Acción Mundial pola Educación), que nesta ocasión ten o lema "A educación protéxenos". Despois dun traballo de reflexión nas aulas para concienciar ao alumnado de todos aqueles elementos que a educación nos facilita e aporta, fixemos unha acción conxunta (venres 29 de abril de 2016) na que participou todo o centro. Todos os nenos e nenas da nosa escola tiveron á súa disposición unha pequena tarxeta co lema da SAME e un espazo para cumplimentar cun debuxo, frase, idea, etc. Un pequeno xesto que quedou pendurado baixo un ceo de paraugas, para simbolizar esa protección que a educación nos ofrece. Esperamos que as nosas accións, sumadas ás de milleiros de escolares do mundo entreiro, axuden a ir creando un sistema que garanta unha educación universal e de calidade a todos os nenos e nenas do mundo.
Mostrando entradas con la etiqueta SAME 2016. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SAME 2016. Mostrar todas las entradas
viernes, 29 de abril de 2016
lunes, 25 de abril de 2016
A ESCOLA PROTÉXEME: SEMANA DE ACCIÓN MUNDIAL POLA EDUCACIÓN NO CPI VIRXE DA CELA
Esta semana no CPI Virxe da Cela unímonos á campaña da SAME, Semana de Acción Mundial pola Educación, baixo o lema "La escuela me protege". Iremos repartindo por todas as aulas estas tarxetas para que cada un de nós aporte as súas ideas, e ao final da semana faremos unha posta en común xuntando todas estas tarxetiñas baixo unha instalación de paraugas que simbolicen a protección que nos está a ofrecer a escola.
lunes, 18 de abril de 2016
ACTIVISTAS DA EDUCACIÓN: SAME 2016
En España xa somos moitas as persoas que nos estamos a mobilizar para Protexer o Dereito á Educación. Premendo na imaxe superior poderedes acceder a unha páxina da CME (Campaña Mundial pola Educación) que de maneira moi didáctica amosa a importancia da educación e anímanos a sumarnos a unha petición que a CME levará aos representantes políticos para recordarlles os seus compromisos firmados coa Axenda de Educación 2030.
miércoles, 30 de marzo de 2016
SAME 2016: A EDUCACIÓN PROTÉXENOS
Un ano máis, achegamos as propostas de Entreculturas para traballar a Campaña Mundial pola Educación.
Este ano, o lema é "A educación protéxenos, protexamos o seu financiamento". Pedimos aos representantes políticos que cumpran os seus compromisos internacionais e destinen os recursos necesarios para financiar a educación de todas as persoas.
124 países mobilizaranse durante a Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME), do 25 ao 30 de abril, para reivindicar o dereito á educación dos 124 millóns de nenos, nenas, mozos e mozas que aínda están sen escolarizar no mundo.
Xa tés todos os recursos á túa disposición para traballar e axudarnos a defender o dereito á educación!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)