viernes, 29 de abril de 2016

VENRES 29 ABRIL: CELEBRAMOS A SAME NO CPI VIRXE DA CELA



Un ano máis o CPI Virxe da Cela quixo sumarse á proposta da SAME (Semana de Acción Mundial pola Educación), que nesta ocasión ten o lema "A educación protéxenos". Despois dun traballo de reflexión nas aulas para concienciar ao alumnado de todos aqueles elementos que a educación nos facilita e aporta, fixemos unha acción conxunta (venres 29 de abril de 2016) na que participou todo o centro. Todos os nenos e nenas da nosa escola tiveron á súa disposición unha pequena tarxeta co lema da SAME e un espazo para cumplimentar cun debuxo, frase, idea, etc. Un pequeno xesto que quedou pendurado baixo un ceo de paraugas, para simbolizar esa protección que a educación nos ofrece. Esperamos que as nosas accións, sumadas ás de milleiros de escolares do mundo entreiro, axuden a ir creando un sistema que garanta unha educación universal e de calidade a todos os nenos e nenas do mundo. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario