Como se pode observar nas imaxes que ilustran esta crónica, a visita de Lancy Dodem ao CPI Virxe da Cela foi un acontecemento recibido con grande espectación e cariño (mércores 13 de abril de 2016). Este home de grande sabiduría, nacido na India pero afincado en Barcelona, leva visitando o noso centro desde o ano 2010, sendo a voz e o exemplo da Fundación Vicente Ferrer, organización que o acolleu sendo neno nos comezos dos programas de apadriñamento e facendo del a persoa que hoxe é. Veu acompañado, como xa algo habitual, pola simpática e agradable fotógrafa coruñesa Yolanda Ferrer, representante da FVF na cidade herculina. Bicos, abrazos e sorrisos para dar a benvida a estes dous grandes amigos e coñecidos no noso centro.
Nesta ocasión, debido á súa apretada axenda, impartiu soamente unha charla ao alumnado de primaria. Os nenos e nenas o recoñeceron ao instante, e pouco a pouco fumos comprobando todos os detalles que lembraban da India a raíz de anteriores visitas. De novo prestaron moitísima atención ás explicacións de Lancy, que inaugurou a súa charla abrendo o paquete que casualmente chegou ao colexio fai un par de días procedente da Konampalli School, con que levamos a cabo un proxecto de intercambio cultural, School to School, tamén promovido pola FVF. A charla rematou co visionado dun interesante video e quedou tempo suficiente para pasar a unha rolda de preguntas na que os máis pequenos/as esforzábanse alzando as súas mans e formulando as súas preguntas. Despedimos a Lancy cun forte aprauso e convidámolo a visitar de novo a nosa casa para o vindeiro curso académico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario