jueves, 28 de abril de 2016

IV ENCONTRO RCES: CONGRESO GALEGO DE VOLUNTARIADO "CONSTRUIMOS?"

     O alumnado de 2º da ESO do CPI Plurilingüe Virxe da Cela (Monfero) participará no Congreso Galego de Voluntariado “Construímos”, que terá lugar en Ferrol o vindeiro venres 20 de maio de 2016 no CIS (Centro de Investigación e Servizos de Galicia). Este evento constitúe o encontro final da RCES (Rede de Centros Escolares Solidarios) do Plan Proxecta (Xunta de Galicia), unha rede que leva en funcionamento catro anos e da cal somos membros desde os seus inicios. Entre as actividades que se desenvolverán durante a sesión de mañá figura a conferencia de César Rincón de Castro, o visionado da curtametraxe “Vida” de Rubén Ríos, a presentación do Proxecto de Voluntariado Miúdo “Móvete” (no que o noso centro tamén forma parte). Xa en horario de tarde o alumnado asistente participará en diferentes obradoiros e espazos interactivos, como “Teatro Foro”, “Voluntarradio”, “Audiovisuais Solidarios”, e farase unha visita ao espazo de realidade virtual do CIS, mentres que o profesorado reflexionará sobre os su traballo na rede a través dun “Word Café”. O acto finalizará coa presentación dun vídeo de creación compartida entre os diferentes centros da RCES sobre a importancia da práctica do voluntariado.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario