O pasado venres 22 de marzo celebranos no CPI Virxe da Cela o V Rastro Solidario. Un ano máis aproveitamos o último venres antes das vacacións de Semana Santa para realizar esta actividade. O obxectivo fundamental é concienciar ao alumnado da posibilidade de realizar pequenas accións de proveito tanto para nós como para os demais. O feito de aportar diferentes obxectos que temos nas nosas casas (libros, películas, roupa, bisutería, xoguetes)para darlle un novo uso, á par de recadar algúns cartos para destinar a unha causa solidaria. Este ano os 742 euros acadados serán ingresados na conta bancaria da Cruz Vermella de Betanzos, que está a facer unha fantástica e admirable labor para loitar coa probreza e a exclusión social na nosa contorna máis próxima.
viernes, 22 de marzo de 2013
jueves, 21 de marzo de 2013
QUÉROTE +
Organizado polo Departamento de Orientación, e incluído dentro do programa Quérote+ do Plan Proxecta da Xunta de Galicia, o alumnado de 3º e 4º da ESO do CPI Virxe da Cela está a participar nunha serie de obradoiros que terán lugar en catro sesións espaciadas durante este trimestre. Abordaranse temáticas como a sexualidade, os relacións personais, o autoconcepto, as redes sociais, o consumo de sustancias nocivas para a saúde, entre outras, para facilitar a formación afectivo-sexual do noso alumnado. Se premedes na seguinte imaxe poderedes acceder á páxina oficial de Quérote+, onde poderedes facer as vosas consultas e tamén enterarte das diferentes campañas, novidades, foros, etc.
DOWN CORUÑA
Por segundo ano consecutivo a Asociación Down Coruña visitou o CPI Virxe da Cela para impartir un obradoiro de sensibilización sobre a discapacidade. A través da charla e de diversas dinámicas, os catro monitores/as trataron de construír no noso alumnado de ESO e PCPI unha imaxe máis acertada das persoas que padecen Síndrome de Down, xa que moitas veces a discapacidade está na mirada dos outros. Esta actividade tivo lugar o pasado martes 19 de marzo de 2013, aproveitando que é nesta semana cando se celebra do Día Mundial do Síndrome de Down (21 de marzo). No ano 2006, a Down Sindrome International, fixou ao 21 de marzo como a data para celebrar o día mundial das persoas que padecen este síndrome. Elixiron esta data por ser o Síndrome de Down unha trisomía do par 21, é dicir, que no par 21 teñen 3 cromosomas. O obxectivo desta celebración é promover na sociedade o coñecemento e a comprensión coas persoas con Síndrome de Down, creando así unha conciencia positiva, para apoialos, respectalos e recoñecer a súa dignidade, os seus dereitos e o seu benestar.
Etiquetas:
Asociación Down Coruña,
Síndrome de Down
martes, 12 de marzo de 2013
SER PARTE DUN MUNDO EN CAMBIO
Así o considera e o promove a ONG Entreculturas, con este que foi o lema do 12 Encontro Nacional Entreculturas, que tivo lugar no Escorial (Madrid) o pasado mes de setembro de 2012, ao que as coordinadoras de Monfero Solidario asistimos, acompañadas por outros docentes e outros voluntarios de Entreculturas. Aquí penduramos o vídeo-resumo deste encontro, que amosa os diferentes obradoiros, charlas e espazos para a reflexión que aconteceron nunha intensa fin de semana.
Etiquetas:
12 Encontro Nacional Entreculturas
8 DE MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA
O pasado venres 8 de marzo de 2013, para conmemorar o Día da Muller
Traballadora, o alumnado de 1º e 2º da ESO do CPI Virxe da Cela
recibiron un obradoiro sobre o papel activo das mulleres no mundo da
arte e en contrapartida, a súa escasa presenza nas plataformas de
divulgación, tanto na actualidade como na historia xeral da arte. Este
obradoiro foi ofertado polo Concello de Monfero, e impartido por dúas
especialistas da empresa Etnoga (Patrimonio Cultural), que ten a súa
sede en Santiago de Compostela. A través de diferentes xogos e dinámicas
os rapaces e rapazas sensibilizáronse da importancia da muller non só
no mundo da arte, senón en otros moitos ámbitos da vida laboral.
Etiquetas:
Día da Muller Traballadora
lunes, 11 de marzo de 2013
CONCHI RAMIL: ACTIVISTA DA SOLIDARIEDADE
Todos os mércores pola mañá, Conchi Ramil sitúase ante os micrófonos de Radio Fene para falarnos de solidariedade. A Fenestra Solidaria é o nome do espazo radiofónico que amosa cada semana as iniciativas solidarias da nosa contorna. Queremos destacar a labor desta aresana, non so a través dos micrófonos da Fenestra Solidaria, senón tamén no seu día a día, impulsando importantes proxectos como Ares Solidario, e participando activamente nas tarefas de voluntariado de Cáritas Ares. Desde Monferosolidario queremos agradecerlle a oportunidade que nos brinda co seu programa radiofónico para divulgar as actividades solidarias realizadas no CPI Virxe da Cela.
martes, 5 de marzo de 2013
PROXECTO COMPARTIDO NORTE-SUR
Convidados pola ONG Entreculturas, os rapaces e rapazas de 1º da ESO do CPI Virxe da Cela participarán nun proxecto compartido con outros centros escolares galegos, de outras comunidades autónomas, e incluso de outros países como Colombia e Nicaragua. Os obxectivos deste proxecto están centrados no análise, a reflexión e a construción conxunta de coñecementos sobre a realidade social cunha mirada local e global, e co traballo en grupo e a cooperación, como vías para fomentar o desenvolvementos de valores da solidariedade, igualdade, comprensión mutua, respecto, amistade, xustiza e cambio social.
Para a presentación deste proxecto contamos coa visita de Sandra Rodríguez Couso, técnica da ONG Entreculturas, o luns 11 de marzo de 2013. Navegamos con ela pola plataforma REDEC, e visionamos algunhas das presentacións dos grupos que participaron neste proxecto no pasado curso académico.
Este proxecto levarase a cabo a través da plataforma dixital REDEC. Se premedes na seguinte imaxe poderedes acceder directamente a este espazo.
Etiquetas:
Entreculturas,
Proxecto Compartido Norte-Sur,
REDEC
SEN PROFES NON HAI ESCOLA
Achegándonos ao mes de abril, Entreculturas lanza unha nova campaña para a SAME 2013 (Semana de Acción Mundial Pola Educación), nesta ocasión sensibilizando a toda a poboación da necesidade dun profesorado preparado e motivado, baixo o lema "Sen profes non hai escola".
Etiquetas:
Entreculturas,
SAME 2012
XORNADA SOLIDARIA EN FERROL
Poucas veces podemos facer tantas cousas en tan pouco espazo de tempo. A xornada realizada o mércores día 6 de marzo en Ferrol foi moi completa e moi gratificante para o alumnado da ESO do CPI Virxe da Cela. Ás 9:45 horas os rapaces e rapazas repartíronse caixas repletas de alimentos e bolsas cheas de tapóns de plástico e as levaron ao maletero dos autobuses. Fixemos un tranquilo traxecto Monfero-Ferrol, e a pesares da choiva, carretamos as caixas de alimentos e as levamos á Cociña Económica de Ferrol. Xa é a terceira campaña "Operación Quilo" realizada no noso colexio, e a segunda vez que visitamos as instalacións desta institución solidaria ferrolana. Consideramos que visitar a cociña económica vale a pena aínda que soamente leváramos un paquete de arroz, porque percorrer as instalacións e recibir unha charla explicativa é o punto que nos fai sen conscientes de que un simple xesto individual pode significar a transformación da sociedade. Observamos a limpieza, a pulcritude e a calidez deste local, o trato cordial dos seus traballadores, a calidade dos alimentos que utilizan para elaborar as comidas, etc.
Tras a visita á Cociña Económica, os alumnos/as de 3º e 4º da ESO percorreron o barrio da Magdalena e outras zonas do centro de Ferrol para observar os edificios típicos da arquitectura modernista ferrolana, e así completar un traballo que están elaborando na materia de CCSS. Os máis pequenos, os rapaces e rapazas de 1º e 2º da ESO, aprenderon moitos datos sobre a historia naval de Ferrol visitando o Museo Naval desta cidade, observando a multitude de restos de navíos, maquetas, cartas de navegación, etc.
Finalizamos a viaxe solidaria realizando unha última parada na Fundación Seur, situada no Polígono da Gándara, para depositar a decena de bolsas cargadas de tapóns de plástico para unha boa causa, o proxecto "Tapóns para unha nova vida", provovido pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Foi un día moi especial, e todos e todas experimentamos a agradable sensación de compartir e contribuír á construción dun mundo mellor.
Etiquetas:
Cociña Económica,
Operación Quilo,
tapóns
A AVENTURA DE CONSTRUÍR O FUTURO
"A Cápsula do Tempo: A Aventura de Construír o Futuro" é o lema da 29 edición do Concurso ONCE, que nos convida a coñecer todo o que a sociedade española avanzou nos últimos 75 anos, e todo o que aínda podemos mellorar xuntos. O alumnado de 2º da ESO do CPI Virxe da Cela aceptou o reto, e aquí tedes as súas propostas para mellorar o futuro de todos/as aqueles/as que aínda están a atopar demasiadas barreiras, moitas delas psicolóxicas, xa que a discapacidade moitas veces está na mirada do outro.
lunes, 4 de marzo de 2013
CONSTRUÍNDO EN REDE
Este ano o noso centro sumouse á Rede Galega de Centros Solidarios, a través do Plan Proxecta (Xunta de Galicia). Tras unha primeira fase de presentación, na que recibimos unha charla sobre os obxectivos desta iniciativa, durante o mes de marzo realizaremos unha segunda fase, titulada "Construíndo en Rede".
Coa intención de xerar un contido conxunto para a parte final das “micromovies”
(audiovisual
colectivo), que permitan ensalzar os valores e beneficios da acción
voluntaria, e por outra
banda para promover o fortalecemento do
sentimento de pertenza á Rede de Centros Escolares Solidarios, se xenera unha
fase de traballo na que o alumnado dende o seu propio centro e empregando as
plataformas xa existentes dende a Dirección Xeal de Voluntariado, constituír un
espazo común dirixido a conquerir productos concretos en 2 liñas:
1) Recoller un lema que identifique, o traballo do alumnado
na acción voluntaria, e que axude a sensibilizar á comunidade educativa e a
cidadanía en xeral sobre a importancia dos proxectos de voluntariado.
2) Identificar os beneficios, e valores que hai
trala acción voluntaria e
que tanto aportan aos axentes de acción voluntaria, no desenvolvemento dos diferentes
proxectos. Esa identificación a través de preguntas concretas, con respostas
estruturadas que axudan a facer unha presentación didáctica e atractiva.
Se premedes na seguinte imaxe podedes conectar coa wiki para introducir a información:
Se premedes na seguinte imaxe podedes conectar coa wiki para introducir a información:
Etiquetas:
micromovies,
Plan Proxecta
CAMPAÑA SENSIBILIZACIÓN RASTRO SOLIDARIO 2013
similar.
Etiquetas:
Cruz Vermella,
rastro solidario 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)