lunes, 4 de marzo de 2013

CAMPAÑA SENSIBILIZACIÓN RASTRO SOLIDARIO 2013

 

Como xa vén sendo toda unha tradición no noso centro, a finais do mes de marzo levaremos a cabo unha nova edición do Rastro Solidario, e con esta serán xa cinco as ocasións que toda a comunidade educativa do CPI Virxe da Cela trata de aunar esforzos para unha causa solidaria. Na primeira edición do Rastro colaborabos coa ONG Save the Children nun proxecto educativo no Nixer, o segundo ano eliximos un proxecto de emerxencia a raíz da catástrofe do terremoto de Haití, levado a cabo pola ONG Entreculturas. Estas dúas pasadas edicións comprometímonos coa Fundación Vicente Ferrer, e o noso esforzo deu os seus froitos chegando a construír unha escola no distrito de Anantapur (A India). Nesta V Edición do Rastro Solidario queremos centrarnos na nosa contorna máis próxima, por iso eliximos á Cruz Vermella para destinar os cartos que recademos en proxectos que tratan de mellorar as condicións de familias que están a pasar unha difícil situación por causa de crise económica que está azotando o noso país. O rastro será celebrado o vindeiro venres 22 de marzo de 2013, o último día lectivo antes das vacacións de Semana Santa. Acompañando a esta actividade, a Cruz Vermella Betanzos achegarase á noso centro para impartir charlas sobre proxectos de probreza e exclusión social, acompañadas por obradoiros con diferentes dinámicas para comprender a difícil situación que atravesan centos e miles de familias. O alumnado de 1º da ESO está a visitar as aulas de todo o centro para repartir as circulares informativas ás familias, así como para sensibilizar a todos os nenos e nenas da importancia da súa implicación neste proxecto, xa que ninguén está libre de atravesar unha situación similar.


 similar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario