martes, 22 de marzo de 2022

OBRADOIROS HORTA ESCOLAR CON EUROEUME

Durante este curso escolar varios centros da comarca do Eume (No CIFP Fraga do Eume, CEIP de Andrad e Escola Unitaria de Ombre, todos en Pontedeume), estamos a participar nun proxecto de Compostaxe escolar coa asociación Euroeume, enmarcado dentro dos programas de sensibilización e educación ambiental da asociación, que ten como obxectivo promover un modelo de desenvolvemento sustentable baseado nos ODS 2030 da ONU. 

Durante varias sesións, no CIP Virxe da Cela estanse a realizar charlas con todos os cursos para explicar ao alumnado os conceptos básicos da xestión de residuos, especialmente centrada nas vantaxes e procesos da compostaxe, e presentarlles o proxecto de compostaxe e horto escolar que se vai poñer en práctica en no centro ao longo deste curso.






viernes, 18 de marzo de 2022

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

A Federación Autismo Galicia centro educativo organiza a campaña polo Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, que se celebra o próximo 2 de abril. 

COMO FACELO? Dando a coñecer o trastorno do espectro do autismo (TEA) a través da campaña que levamos a cabo xunto coa Federación Autismo España. 

CAMPAÑA: UNHA FELIZ VIAXE POLA VIDA Baixo o lema “Unha feliz viaxe pola vida”, a campaña do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2022 pon o foco de atención no dereito das persoas con TEA e as súas familias a desfrutar dunha vida feliz. 

COMO PODEN PARTICIPAR OS CENTROS EDUCATIVOS? No marco desta campaña, propónsevos ao profesorado as seguintes actividades para que levedes a cabo co alumnado, adaptándoas en función do nivel educativo: Obradoiro de debuxo no que cada alumno/a represente o que para el/ela significa ser feliz. Obradoiro de redacción no que os alumnos/as expliquen o que os/as fai felices.

 

martes, 15 de marzo de 2022

ÉXITO NA CAMPAÑA DE AXUDA HUMANITARIA A UCRANIA

Agradecemos a toda a comunidade educativa a súa participación nesta campaña de axuda humanitaria. Como podedes observar na imaxe, todos os alimentos, produtos de hixiene e prendas de abrigo están perfectamente organizados en caixas etiquetadas, que nos próximos días serán levadas para axudar ás miles de persoas que están a sufrir as consecuencias da guerra en Ucrania.








lunes, 14 de marzo de 2022

OBRADOIROS DE EDUCACIÓN PARA O CONSUMO

Con motivo da conmemoración do Día da Persoa Consumidora desde a Escola Galega de Consumo o luns día 14 de marzo a levou a cabo varios obradoiros de consumo responsable e sostible (ODS), tanto para a Ed. Infantil como para a Ed. Primaria. 
  •  de 9:45 a 10: 40: 1º e 2º curso da Ed. Primaria (aula de psicomotricidade) 
  • de 10:45 a 11:30: 3º e 4º cursos da Ed. Primaria (aula de UUMM ESO) 
  • de 12:00 a 13:00 h: Educación infantil (aula de psicomotricidade) 
  • de 13: 00 a 13:50 h: 5º e 6º cursos da Ed. Primaria (aula de UUMM ESO) 
      As persoas adoitamos a cotío distintas decisións de consumo, case sen darnos conta. Así, cando nos levantamos cada mañá e acendemos a luz ou abrimos a billa da auga estamos a consumir. Cando imos mercar o pan para comer, cando facemos un agasallo ou cando imos cear a un restaurante podemos escoller entre distintos produtos, respecto dos que existen importantes diferenzas, non só no tocante ao seu prezo ou calidade, senón tamén no seu proceso de produción e fabricación.










viernes, 11 de marzo de 2022

CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN 2022

   Un ano máis chega a SAME: Semana de Acción Mundial pola Educación, sabes o que é? Soaralle a algún ou algunha compañeiro/a, outros de vós nunca oiriades falar dela, pero, acougade! o importante é que vos animamos a serdes parte deste movemento polo dereito a unha educación de calidade

       Ano tras ano, a Campaña Munidal pola Educación céntrase na loita polo dereito á educación de calidade para todos e todas. No curso pasado (2020-2021), a través dos materiais e traballo na campaña "Mil Millóns de Voces", centrámonos en escoitar as experiencias e emocións provocadas pola COVID-19, sobre todo no alumnado.

      Neste curso, tendo en conta os enormes desafíos e o seu rol central como motor de desenvolvemento sostible, queremos poñer o foco na figura docente. Queremos escoitar como foi este período para eles e elas, impartindo o ensino no contexto de emerxencia que supuxo a pandemia, e a través de varias dinámicas, guiar o alumnado para mostrarlles o papel excepcional que desempeñaron os seus profesores e profesoras, non só nos últimos meses, senón tendo unha mirada máis ampla no seu rol fundamental de conseguir facer realidade o dereito á educación de calidade para todos e todas.

ESO + intro by Yolanda Castro López on Scribd

 


    

miércoles, 9 de marzo de 2022

AXUDA HUMANITARIA A UCRANIA

 



    O próximo luns 14 e martes 15 de marzo 2022 imos participar nunha recollida de recursos para Ucraína. Nesta iniciativa participan o grupo folclórico e cultural de Monfero, o Concello e o centro e todos as persoas da Comunidade educativa estamos invitadas a participar. 
    As doazóns deixaranse ao carón da porta de acceso do patio cuberto a primeira hora, cando o alumnado chegue ao centro. Da xestión loxística desta recollida encargaranse a mestra Cristina Rabuñal en colaboración con Verónica, Andrea e Yolanda. Pregamos axuda na mesma. 
     Será para a Asociación Ask Aga-Ucraína: ASOCIACIÓN GALEGA DE AXUDA A UCRAÍNA e os recursos que se precisan son: 
  • Para bebés e nenos: comida (galletas tipo maría, papillas ou purés (non de cristal), cacao, cueiros, toallitas), roupa térmica bebé-3/4 a. 
  • Hixiene: papel hixiénico, pasta de dentes, cepillo de dentes, xabón, compresas, tampóns, máquinas para afeitar. 
  • Roupa e outros: roupa térmica adultos, roupa interior de home térmica, gorros, luvas, polares t. L- XL, lanternas, pilas, filtros para a auga, camisetas manga curta escuras, sacos de durmir, xeonlleiras, esterillas. 
  • Comida: conservas (non de cristal), sopas instantáneas, barras enerxéticas, froitos secos, leite condensado, chocolate negro, té, café. 
Tamén son necesarias menciñas: vendas, betadine, auga osixenada, alcol, bepanten crem, antibióticos, ibuprofeno e parcetamol. As mesmas, recolléranse no: Local social dás Travesas. Mañás: de 10:00 h a 12:00 h, tardes de 19:00 h a 21:00 h, non no cole. 

No caso de querer facer unha doazón económica o nº de conta é: ABANCA ES73 2080 0000 7230 4027 0691.

martes, 8 de marzo de 2022

II CONCURSO A PROL DA IGUALDADE E CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

    O Concello de Irixoa organiza o "II Concurso da Prol da Igualdade e Contra a Violencia de Xénero", aproveitando a conmemoración do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller. Neste concurso haberá dúas categorías: de 3 a 7 anos e de 8 a 12 anos, e tratarase de realizar un traballo escrito (poesía, lema, frase), debuxo ou mixto coa temática a favor da igualdade e en contra da violencia de xénero. O prazo para participar neste concurso  remata o 15 de marzo de 2022. 



8 MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O Día Internacional da Muller, anteriormente denominado Día Internacional da Muller Traballadora, conmemora cada 8 de marzo a loita das mulleres pola súa participación na sociedade e o seu desenvolvmento íntegro como persoa, en pé de igualdade co home. 

O Departamento de Orientación do CPI Virxe da Cela elaborou unhas directrices para guiar o traballo nas titorías e nas aulas. 

Proposta Actividades 8 de Marzo by veracruces on Scribd