O próximo luns 14 e martes 15 de marzo 2022 imos participar nunha recollida de recursos para Ucraína. Nesta iniciativa participan o grupo folclórico e cultural de Monfero, o Concello e o centro e todos as persoas da Comunidade educativa estamos invitadas a participar.
As doazóns deixaranse ao carón da porta de acceso do patio cuberto a primeira hora, cando o alumnado chegue ao centro. Da xestión loxística desta recollida encargaranse a mestra Cristina Rabuñal en colaboración con Verónica, Andrea e Yolanda. Pregamos axuda na mesma.
Será para a Asociación Ask Aga-Ucraína: ASOCIACIÓN GALEGA DE AXUDA A UCRAÍNA e os recursos que se precisan son:
- Para bebés e nenos: comida (galletas tipo maría, papillas ou purés (non de cristal), cacao, cueiros, toallitas), roupa térmica bebé-3/4 a.
- Hixiene: papel hixiénico, pasta de dentes, cepillo de dentes, xabón, compresas, tampóns, máquinas para afeitar.
- Roupa e outros: roupa térmica adultos, roupa interior de home térmica, gorros, luvas, polares t. L- XL, lanternas, pilas, filtros para a auga, camisetas manga curta escuras, sacos de durmir, xeonlleiras, esterillas.
- Comida: conservas (non de cristal), sopas instantáneas, barras enerxéticas, froitos secos, leite condensado, chocolate negro, té, café.
No caso de querer facer unha doazón económica o nº de conta é: ABANCA ES73 2080 0000 7230 4027 0691.
No hay comentarios:
Publicar un comentario