O noso centro leva anos traballando no proxecto School to School, da Fundación Vicente Ferrer,
que consiste nun intercambio cultural e de tradicións cunha escola da India (Konampalli School).
Este curso o alumnado de 4º
, 5º e 6º EP e tamén o de 1º
, 2º
, 3º e 4º da ESO estiveron elaborando
materiais para este intercambio, abordando o tema dos “Deportes e Xogos”
.
Grazas á participación neste proxecto, o mércores 18 de marzo de 2026 o noso centro
contou coa visita de Shoma Subaya, unha muller procedente de Anantapur (India), que actuará
como embaixadora da Fundación Vicente Ferrer. Grazas ao apoio da fundación, Shoma puido
estudar Económicas e Ciencia Política, aprender español e desenvolver unha visión internacional a
través do contacto con persoas de España e doutros países que visitaban o proxecto. A súa historia é un testemuño inspirador sobre educación, liderado con valores, igualdade de
oportunidades e o impacto que pode ter o compromiso social na transformación de
comunidades enteiras.
HORARIOS
De 13:00 a 13:45 CHARLA PARA ALUMNADO 4º, 5º E 6º PRIMARIA. UUMM
De 13:45 a 14:45 XANTAR COMPARTIDO NO COMEDOR ESCOLAR
De 14:45 a 15:35 CHARLA PARA O ALUMNADO DA ESO. UUMM
De 15:35 a 16:25 CHARLA PARA ALUMNADO DE EI e 3º EP
Aproveitando a visita de Shoma Subaya temos á disposición do profesorado e o alumnado
diferentes materiais que poden axudar a afondar na cultura da India e países da zona, así
como nos proxectos que a Fundación Vicente Ferrer está a desenvolver no sur da India
(Anantapur).
1.
- EXPOSICIÓN NA BIBLIOTECA ESCOLAR sobre a cultura da India e países cercanos.
2.
- EXPOSICIÓN MATERIAIS DO INTERCAMBIO CULTURAL COA KONAMPALLI
SCHOOL. Ao lado da aula de UUMM estatán expostos dossieres e traballos enviados polos nenos e nenas da Konampalli School
en anos anteriores. No televisor que
hai ao lado da biblioteca facilitarase o visionado de materiais en formato audiovisual.
No hay comentarios:
Publicar un comentario