Mostrando entradas con la etiqueta Disputa de Cores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Disputa de Cores. Mostrar todas las entradas

viernes, 31 de enero de 2020

DÍA DA PAZ 2020


       Un ano máis o CPIP Virxe da Cela aposta pola cultura da paz e da non violenta celebrando un acto conxunto para conmemorar o Día da Paz 2020. Reunido o profesorado e alumnado de todos os ciclos e niveis no patio cuberto, o venres 31 de xaneiro deixamos a nosa pegada a favor da paz, diante dunha fermosa "Árbore das Palabras" que serviu de telón de fondo para a conmemoración. 
       Un grupiño de alumnos da ESO foron os encardagos de presentar o acto, explicando a todos os alí reunidos, a importancia deste día, mais, aclarando, que a Paz ten que ser cousa de 365 días ao ano. A modo de introdución fíxose a lectura do conto "O Carballo da Paz", de Andrea Rivera Andrade (2º ESO, gañadora do certame "A Árbore das Palabras"), unha fermosa historia que nos fixo reflexionar sobre a importancia das boas relacións entre humanos. Posteriormente o alumnado de 2º de primaria recitou un poema, e o alumnado de 3º de primaria representou a obra teatral "A Controversia das Cores". O acto finalizou cantando todos xuntos "Papeles Mojados", de Chambao. 
      Achegamos neste espazo non so videos e fotos do acto, senón tamén un simpático vídeo das impresións dos máis pequerrechos do cole, os nenos e nenas de educación infantil, que nos contan o que para eles significa "Paz". 



Poema creado polos nenos e nenas de 2º de primaria coa súa profe Marisol


A clase de 3º de primaria baixo a dirección da súa mestra Carmen Espiñeira escenificaron "A controversia das cores".


Rematamos o acto cantando a canción "Papeles mojados" de Chambao


 A paz non é só ausencia de guerra ou conflitos. Os pequerrechos de infantil téñenno moi claro.