Mostrando entradas con la etiqueta Grupo Focal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Grupo Focal. Mostrar todas las entradas

martes, 10 de junio de 2025

GRUPO FOCAL EDUCATION4THEPLANET

Unha avaliadora externa visita o noso centro para reunirse cun pequeno grupo de alumnos/as de diferentes cursos da ESO que de maneira voluntaria participan nun "grupo focal" para sacar conclusións do desenvolvemento do proxecto Education4ThePlanet durante todo este curso 2024-2025. Aula de Ferraganchos, martes 10 de xuño, ás 12:30 horas.





jueves, 21 de enero de 2016

GRUPO FOCAL

Estratexia Galega de Educación para o Desenvolvento. Xoves 21 xaneiro 2015








       Un luxo por poder achegarnos a vós, escoitarvos e coñecer as vosas opinións acerca das actividades que tendes realizado no centro no eido da cooperación e a solidariedade… Esas experiencias que, como ben diciades, nos serven para coñecer outras realidades, reforzar os lazos da prezada amizade, e colaborar coas demais persoas na procura dun mundo máis xusto. 

         A través das distintas dinámicas que realizamos, recollemos as vosas ideas para posibles accións futuras, coa intención de poder adaptarnos ás vosas preferencias en sucesivas ocasións. Nese senso, subliñamos a importancia que lle dades á orixinalidade, ao intercambio de opinións e á participación, non só vosa senón tamén doutras persoas da comunidade educativa e do seu entorno. Xa que como expresabades: “apréndese mellor pensando” e “precisamos un cambio nas maneiras de pensar e actuar”. 

          En definitiva, falamos de coñecementos, actitudes e valores que se deben ter en conta “non coma un complemento”, senón como parte da educación de todas as persoas. Para nós, as Loairas, esta sesión supuxo unha aprendizaxe que vos agracedemos enormemente: a vós, compañeiras e compañeiros de segundo, terceiro e cuarto da ESO, e ao profesorado que nos facilitou esta conversa. Admirando a vosa vontade e implicación e alegrándonos de poder sumar no mesmo barco, rumbo a un futuro máis humano e sostible.

Aida e Noa. Tempo de Loaira