sábado, 26 de noviembre de 2011

VISITA DE LANCY DODEM AO CPI VIRXE DA CELA

Por segundo ano consecutivo contamos no noso centro coa visita de Lancy Dodem, primeiro neno apadrinado pola Fundación Vicente Ferrer, acompañado pola fotógrafa coruñesa Yolanda Ferrer. A través de dúas charlas impartidas para o alumnado da ESO e para o de 2º e 3º ciclo de primaria, poidemos coñecer un pouco máis a fondo a importante labor que a Fundación Vicente Ferrer está levando a cabo en Anantapur (A India). Esta actividade está enmarcada dentro do proxecto "School to School", un intercambio cultural e de tradicións entre a nosa escola e unha escola da India, a través da FVF. Os rapaces e rapazas do CPI Virxe da Cela formularon numerosas preguntas a Lancy, mostrando moita curiosidade pola realidade social e cultural na India. Un grupo de alumnos e alumnas de 4º da ESO obsequiaron a Lancy co mellor regalo posible: o seu compromiso para apadriñar a un neno/a na India, a través dun programa de apadrinamento da FVF, e deste xeito contribuír a súa educación e facilitarlle un futuro mellor.

Nota de prensa

Lancy Dodem

 Alumnado de 4º da ESO informando a Lancy do proxecto "Apadrina un neno"

Alumnado de 2º e 3º ciclo de primaria

Lancy Dodem escribe dedicatorias ao alumnado da ESO

 Lancy Dodem e Yolanda Ferrer reciben a "Floridaria", pranta solidaria orixinaria de Monfero


Lancy Dodem con Yolanda Castro e Verónica Dopico, coordinadoras de Monferosolidario
Lancy dodem
View more documents from satelite1.



25 comentarios:

  1. johhhh que way desde luego en este cole se hacen un monton de cosas.A mi me entaría ir a la India a conocer la fundacion.Espero que se lleve a cabo desde aqui mando muchos ánimos para que se haga .Besazos para esas profes y alumnos tan trabajadores.

    ResponderEliminar
  2. O pasado venres día 25 de novembro por segunda vez volveu o noso colexio o primeiro neno adoptado por Vicente Ferrer: Lancy Dodem acompañado pola fotografa Yolanda Ferrer.
    Él explicounos de novo as costumes que hai na India e ofreceunos ir a Anantapur para coñecer as súas costumes mais de cerca.
    Estamos pensando en volver a facer un rastro solidario para terminar a escola que estamos comezando a facer.
    Esperamos que siga adiante este proxecto para poder axudalos.

    ResponderEliminar
  3. Maria Barral e Bibiana Blanco2 de diciembre de 2011, 15:25

    O venres 25 veu o noso colexo Lancy Doden por segunda vez,acompañado da fotógrafa Yolanda Ferrer.Falaronnos dos novos proxectos da fundación,por exemplo levar grupos de rapaces de España ata a india durante unha semana para ver a fundacion e tamen para coñecer un pouco a vida das persoas de ali.O final demoslle as gracias por vir un ano mais e tamén lle demos un agasallo,un pino,xa que a mascota de monferosolidario é unha flor. Dentro de pouco volveremos a facer de novo o rastrillo solidario para seguir recaudando fondos para a escola que estamos a construir na India.Estamos moi contentos de poder axudar,e tamen estamos contentos de que todos os nenos participen xa que con un pouco que poñamos cada un podemos facer moito.

    ResponderEliminar
  4. Alba Amenedo e Silvia López2 de diciembre de 2011, 15:26

    O 25 de Decembro veu ao noso colexio, por segunda vez, Lancy Dodem, o primeiro neno apadriñado pola fundación Vicente Ferrer. Foi moi interesante, xa que nos explicou mais cousas sobre a pobreza na India. Tamen nos explicou os proxecto que se están levando acabo coa fundación e os que se están pensando para levar a cabo. Él explicounos os proxectos que vai facer a fundación e os alumnos de 4º da E.S.O explicaronlles os proxectos que imos a facer en Monfero Solidario como apadriñar un neno.
    Esperemos que volva para o ano.

    ResponderEliminar
  5. O dia 25 visitounos Lancy Dodem.Xa viñera o ano pasado.Este ano falounos sobre un novo proxecto da Fundación Vicente Ferrer.Dixeronos tamén que ahora iban colexios visitar a Fundación.Os alumnos de 4º de E.S.O. falaronlle sobre o proxecto School to school e que apadriñaran un neno.
    Nós imos seguir colaborando coa Fundación,facendo rastros solidarios etc...
    Pasámolo moi ben.

    ResponderEliminar
  6. Esta semana pasada, Lancy Dodem,visitounos outra vez no colexo.
    Para nos xa é da familia.A visita foi moi agradable. Unha grán visita, que desexamos que se repita moi pronto.

    ResponderEliminar
  7. O pasado 25 de novembro por segundo ano consecutivo visitounos Lancy Dodem que é o neno apadriñado pola fundación Vicente Ferrer.
    Lancy Dodem dixonos cousas que se fan alí na India como por exemplo traballos que se facían alí,e dixonos como eran as escolas e moitas cousas máis.
    Os alumnos de 4º da ESO tamén lle dixeron a Lancy Dodem a nova proposta que tiñan que era apadriñar un neno da India e pareceulle moi ben.A min pareceume moi bonito e espero que se volva a repetir.

    ResponderEliminar
  8. Yaiza e Óscar Pérez2 de diciembre de 2011, 15:40

    Estamos moi contentos porque o venres día 25 veu visitarnos Lancy Dódem por 2º vez consecutiva ao noso colexio e falounos dos proxectos que se están dando a cabo na India a través da Fundación Vicente Ferrer, alí están construíndo colexios e casas para os máis necesitados e o noso colexio está colaborando enviándolles cartos. Contounos Lancy que están colaborando nun novo proxecto para axudar aos chenchus a sobrevivir no mundo da selva.
    Esperamos seguir traballando nestes proxectos e estamos moi contentos por colaboran.

    ResponderEliminar
  9. A visita de Lancy Dodem por segundo ano foi moi agradable e explicounos cousas sobre a India que non sabiamos que nos gustaron moito e pedimoslle que volva para o ano que ven.
    Nos estamos preparando outro rastro solidario para seguir axudando a xente da India.

    ResponderEliminar
  10. O pasado venres 25 de novembro veu o primeiro apadriñado da Fundación Vicente Ferrer. E dixonos os proyectos que ten en mente a Fundación Vicente Ferrer, esta e unha fundación que traballa coas persoas da India. Gustounos moito. Nós o C.P.I.Virxe da Cela estamos a colaborar coa Fundación Vicente Ferrer, este ano como anos atras imos facer un rastro solidario, o diñeiro que recaudemos vai ir para a India, para seguir construír unha escola na India.
    Rubén e Erea.

    ResponderEliminar
  11. O venres pasado veu Lansi darnos unha charla sobre como eran os lugares na India gustounos moito e esperamos que volva o ano que ven enseñarnos mais cousas .
    Laura e Sara

    ResponderEliminar
  12. La visita de Lancy Dodem no fue mala y aprendimos cosas sobre la India,como por ejemplo que allí juegan al crícket y a otros deportes.También habló sobre los trabajos de la fundación Vicente Ferrer en la India,así como las acciones que
    realizó Rafa Nadal financiando unas instalaciones deportivas para que los niños Indios jueguen a deportes.Luego firmó autógrafos a algunos alumnos y todo fue bien en general.Se le nota mucho que aprendió a hablar mejor el idioma castellano,porque el año pasado todos se rieron mucho porque pronunciaba cacahuetes como /cacabetes/

    ResponderEliminar
  13. Ola, o dia 25 visitounos Lancy Dodem que xa e a sua segunda visita ao C.P.I. Virxe Da Cela e explicounos como vivian e as tribus que habitaban na India como os Chenchus.Monfero solidario esta colaborando coa fundacion vicente ferrer coa construcion dunha escola na india que custa 4000 euros.estamos contentos de apoiar este proxecto.

    ResponderEliminar
  14. O venres 25 de novembro veu Lancy Dodem a o noso colexio xa veu más veces e por eso xa o coñecemos ,el foi o primeiro neno apadriñado por Vicente Ferrer.
    Pasamolo moi ben explicounos como era a vida alí como comian, que facian, etc.
    Comeu con nos no noso colexio e estubo toda a tarde con nos.
    Pasamolo moi ben.

    ResponderEliminar
  15. O venres día 25 veu visitarnos Lancy Dódem por segunda vez a falarnos da India. Nos estamos preparando outro rastro solidario para seguir axudando a xente da India. Esperamos seguir traballando neste proxecto.

    ResponderEliminar
  16. O venres estubemos con Lancy o primeiro neno que foi apadriñado por Vicente Ferrer. Veu aqui coa intencion de enseñarnos unha pouca cultura da india e fixoo. Todos os cursos pasaron fila por diante del, a verdade e que quedamos todos un pouco abraiados.A min persoalmente dedicoume un autografo que poñia que estudiara desde cada pedra da terra hasta as estrelas do ceo.A miña opinion e que e un CRACK.E a miña compañeira Cintia dixolle: Que era moi guapa. E a unha compañeira miña que lle chaman Antía puxolle que nunca perdera a ilusion que via na sua sonrisa.

    ResponderEliminar
  17. O pasado venres 25 visitou o noso centro Lancy Dodem,o primeiro neno apadriñado por Vicente Ferrer.Este ano falounos dun novo proxecto. Trátase de axudar a un pobo chamado ,os Chenchus, proporcionándolles auga e alimentos xa que eles aliméntanse de raíces e da caza.
    Tamén nós puxo un video de Anantapur. É os alumnos de 4º da ESO contáronlles que ían apadriñar un neno entre todos os da súa clase.
    Gústounos moito e pasámolo moi ben.

    ResponderEliminar
  18. O pasado venres 25 de novembro, Lancy, o primer neno apadrinado pola Fundación Vicente Ferrer,volveu visitalo noso colexio. Este xa forma parte do noso colexio.
    Desta volta comentounos a experencia do alumnado de bacharelato coa viaxe a India.
    Tamén, nos estivo a falar de novos proxectos que se estan a levar a cabo na India coa Fundación Vicente Ferrer.
    Lancy, mostrose moi amable connosco, e coma sempre nós sentimonos moi a gusto coa sua presenza, xa que nos axuda a decatarnos de moitos sucesos que estan a acontecer nos lugares máis pobres da India.
    Lancy, tamén dou charlas aos nenos e nenas máis xóvenes do noso colexio.
    Ao finalizar as charlas, Lancy xantou connosco.
    Unha ves máis, a visita de Lancy foi todo un éxito.

    ResponderEliminar
  19. o venres 25 veunos visitar o primeiro neno apadriñado pola Fundación Vicente Ferrer, Lancy.Falounos sobre os plans futuros que fará a fundación no futuro pola India.Os alumnos de 4ºde ESO van a apadriñar un neno da India aportando asi o seu graniño de area que para alguén como nos non supon unha perda de diñeiro pois só son 18 euros o mes e aínda menos entre os da clase.
    Esperemos que nos veña visitar pronto, e por certo que vai haber pronto outro rastro solidario no colexio e o diñeiro recaudado ira para un colexio na India. Grazas pola súa coloboración.

    ResponderEliminar
  20. Sandra Fernández e Lucía Bouzón5 de diciembre de 2011, 14:07

    O venres día 25/11/2011 visitounos de novo Lancy Dodem. Falounos sobre diversos temas da India. Por exemplo como vivian os que eran discapacitados, que lles fan talleres e aprenden a facer cousas novas, tamen nos falou dos chenchus que eran da India pero estaban apartados do resto , a Fundación Vicente Ferrer querialles axudar a levar unha vida mellor pero eles negábanse porque pensaban que os querian quitar do seu fogar. os alumnos de cuarto da ESO apadriñaron un nenoe falaronlle a Lancy del.
    Sandra e Lucía de 3º da eso

    ResponderEliminar
  21. Lancy Dodem xa é un membro máis da escola do Xestal, mostra de que o noso colexio está aberto ao mundo, e iso é unha das mellores cousas que lle puido suceder. É a segunda vez que, xunto a Yolanda Ferrer, estivo na escola. Na anterior visita falounos da cultura da India, do que lle parecera España e Galicia, da súa labor na fundación e, un pouco, da súa vida. Esta vez falounos de proxectos que a fundación estaba levando a cabo na India, como a axuda sanitaria que lle daban a algunhas tribus como os "chenchus", que vivían illados nos bosques.
    Pareceume que se expresou con claridade, dunha forma sinxela e familiar, que fixo máis agradable a charla. Lancy respostounos a tódalas preguntas que lle fixemos, xantou con nós na escola e, ao final, concedeunos unha entrevista para a Revista Xesteira e para este blogue. É unha persoa agradable, tranquila e, a min, pareceume sociable. Espero que nos visite en moitas máis ocasións.

    ResponderEliminar
  22. O pasado 25 de novembro visitou o noso centro Lancy Dodem este e o primeiro neno apadriñado pola Fundación Vicente Ferrer. Agora mesmo esta a vivir en Barcelona pero el era de Anantapur (India). Este ano xa e o segundo ano qeue visita o centra e xa e coñecido por todos nos. Na charla que durou aproximada mente 1ora e media falounos de todo o que leva feito a Fundacion e todo o que teñen pensado facer. Ó final da charla os rapaces de 4º da Eso sairon e falaron dun neno qe apadriñaron etre eles e algunha pfesora. A charla foi moi entretida. Esperamos qe volva para o ano qe ven e qe nos siga a contar todo o qe a fundacion leva traballado. Un saudo

    ResponderEliminar
  23. O venres 25 tubemos unha gran visita a de Lancy Dódem e a fotografa Yolanda Ferrer qe xa viñeron por segunda vez.E o primeiro neno apadriñado pola fundacion de Vicente Ferrer. Foi entretido xa que nos contou os proxectos qe se estaban facendo na India e como as tribus dos Chenchus. E tamén dixomnos como era a sua vida cotidiana. Os alumnos de 4º de ESO apadriñaron un neno. Tamén aora no mes de diciembre imos facer un rastrillo como de todolos anos para recaudar fondos qe irán destinados a India para unha escola que van facer. Estamos contentos polo que facemos e para axudar a os nenos e nenas a que estudien como todos aqui tamén. Se nos unimos todos poderemos facer algo grande.

    ResponderEliminar
  24. Óscar Vidal e Sergio de Bernardo5 de diciembre de 2011, 14:10

    O pasdo venres día 25 de novembro veunos visitar Lancy Dodem o primeiro neno apadriñado pola Fundación Vicente Ferrer na India.Xa e a segunda qe nos ven visitar para falarnos algo das costumes do seu pais,tamén nos falou de diversos temas da india,comentounos sobre algúns colexios qe fixeron un viaxe a India para visitar as instalacións da fundación Vicente Ferrer.Os rapaces de cuarto da ESO apadriñaron un neno da India por 18 euros,que aquí non supon un gasto pero alí e moito.Pasamolo moi ben porque xa o coñecíamos do ano pasado e había outro ambiente.Haber se ven outra vez.

    ResponderEliminar
  25. Yaiza Seijas e Lucía Otero12 de diciembre de 2011, 13:50

    O primeiro neno apadriñado por Vicente Ferrer, Lancy Dodem, veu por segunda vez ao noso colexio, o CPI Virxe da Cela.
    O ano pasado contounos como foi cambiando a súa vida cando veu da India para España. Tamén nos falou sobre a vida alí e todo o referente á Fundación.
    Este ano falounos de novos proxectos nos que está a traballar a Fundación Vicente Ferrer na que el está a traballar activamente.
    Os novos proxectos consisten en intentar mellorar as condicións de vida dos “Chenchus”, uns poboados da India que viven fóra da civilización, alimentándose de raíces e cazando. A proposta da Fundación é intentar axudalos pero non para que abandonen as terras nas que levan vivindo dende sempre, senón intentar protexelos dos perigos que alí hai, como é o tigre.
    Outro dos proxectos que se está levando a cabo trátase de poñer ao alcance das mulleres máis pobres o acceso a medidas hixiénicas íntimas coma as compresas que ata agora só podían obtelas as mulleres máis “ricas”.
    Para concluír, rematou a charla falando de que agora a Fundación ía traballar nun novo districto para construír novas escolas; entre elas, centros para discapacitados. Neste novo lugar onde actuarán, pretenden facer o mesmo ca en Anantapur, facilitarlles a vida ás familias máis pobres.

    ResponderEliminar