Dentro do voluntariado de centro os alumnos e alumnas de Primaria participaron na seguintes actividades. Por unha banda a coordinación do Espazo Ferraganchos da Biblioteca: por parellas realizaban axudaban aos compañeiros e compañeiras de 1º a 5º de Primaria a organizarse en dito espazo. Tanto no uso do escornabot coma co novo artello do espazo Ferraganchos. Trátase dunha mesa dixital para que o alumnado, especialmente o máis novo, experimente e xogue aprendendo. Así mesmo colaboraron nas actividades complementarias na súa organización e montaxe E, por último, axudaron no Clube de Lectura da Biblioteca Castelao axudando aos compañeiros e compañeiras de Infantil.