Mostrando entradas con la etiqueta san valentín. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta san valentín. Mostrar todas las entradas

martes, 14 de febrero de 2012

DECLARANDO O NOSO AMOR...

Entrega das flores


Entrega das cartas


Antonio González (3º ESO)

Bibiana Blanco (2º ESO)

Alexandra Gheorghe (1º ESO)


Lucía Otero (3º ESO)

14 de febreiro... Tamén no noso cole quixemos facer unha exaltación do amor neste día de San Valentín, ainda que ben sabemos que calquera día é adecuado para mostrar o noso amor e manifestalo. Ás veces é difícil facelo con palabras, pero sempre están os pequenos xestos e accións. Tan sinxelo como regalar unha flor ou sorprender a alguén cun bico espontáneo. Para outros é cuestión de sentarse diante dun papel e branco e liberar todos eses sentimentos. Así o fixeron Antonio González (3º ESO), Lucía Otero (3º), Bibiana Blanco (2º ESO) e Alexandra Gheorghe (1º ESO), gañadores do concurso de declaracións de amor "San Valentín 2012". Durante o recreo fixemos un fermoso acto na biblioteca escolar: a directora da nosa escola fixo entrega dos premios e os diplomas aos gañadores, e posteriormente os alumnos/as e profesores /as recibiron cartas e flores dirixidas a eles. Viva o amor, e non deixedes nunca de manifestalo...

E este pequeno acto de amor que organizamos na nosa escola vai ter un "efecto bolboreta" noutro punto xeográfico... A India. A través da venta das flores realizadas polo alumnado, (axudados por Marta, profesora de plástica), recadamos nin máis nin menos...296´30 euros. Estes cartos serán destinados ao proxecto de construción dunha escola en Anantapur que comezamos o pasado curso a través da Fundación Vicente Ferrer. Moitas grazas a todos pola vosa colaboración...

Carta escola antonio gonzález
View more documents from satelite1.

Caligrama realizado pola alumna Carla López Basteiro (3º ESO)


 Caligrama realizado pola alumna Lucía Otero Rodríguez (3º ESO)

lunes, 6 de febrero de 2012

FLORES E CARTAS PARA SAN VALENTÍN

A proposta de concurso de cartas de amor e a venta de flores está dando os seus froitos. A entrada do edificio de secundaria, onde está situado o mostrador, converteuse nun punto de encontro, onde os rapaces e rapazas mercan os sobres para escribir as súas declaracións de amor e tamén flores personalizadas elaboradas polo propio alumnado con materiais de refugallo. Cada día hai máis sobres depositados na divertida urna de San Valentín. Non esquezas de mandarnos a túa carta...




jueves, 19 de enero de 2012

SAN VALENTÍN



San Valentín. Este día que ás veces resulta tan comercial pode converterse nunha disculpa para facer unha boa obra: manifestar o amor uns aos outros (acción que ás veces resulta tan difícil) e recadar cartos para investir nunha labor humanitaria. O noso centro CPI Virxe da Cela, nesta actividade organizada polo departamento de actividades extraescolares, convídavos a participar na xornada de San Valentín. Aí van as bases do concurso de cartas de amor. Contamos coa vosa participación.
1. Poderán participar todos os membros da comunidade educativa. As cartas poderanse redactar en galego e en castelán e entregaranse en sobre aberto, asinadas baixo pseudónimo e no interior do sobre, nunha tarxeta, o nome do autor. Poderanse enviar o número de cartas que se desexe.
2. As cartas poderán dirixirse a calquera membro da comunidade educativa ao cal queiramos amosarlle amor, afecto, gratitude, compañeirismo…
3. O prazo de entrega será desde o día 1 ata o 10 de febreiro de 2012
4. O día 14 de febreiro no recreo da mañá repartiranse as cartas e as flores aos seus destinatarios e faranse públicos os nomes dos gañadores do concurso.
5. Os premios dividiranse en dúas categorías: un premio para o alumnado de 1º e 2º de ESO e outro para o alumnado de PCPI, 3º e 4º de ESO.
6. Os sobres e as tarxetas onde figurará o autor custarán 0,10€ e poderán adquirirse no Departamento de CC.SS. e Música. Tamén se porán á venda flores artesanais de cores que poderán acompañar as cartas. (1€ a unidade).