Clausuramos a xornada do Rastro Solidario "Emerxencia en Haití" cun balance moi positivo. Quedará en todos nós unha lembranza deste día tan especial, no que todos participamos unidos por unha causa solidaria, cooperando, compartindo, axudando, traballando en equipo: profes, alumnos/as, nais, personal non docente, etc...
Hoxe mostramos o traballo de toda esta semana, na que moitos de nós invertimos horas distribuíndo o espazo, organizando o material, envolvendo agasallos, tasando os obxectos, etc.
Dende primeira hora da mañá os grupos, acompañados polos titores/as, visitaron o rastro e efectuaron as súas compras. Os maiores do centro, os rapaces e rapazas da E.S.O. foron os encargados de atender o noso fermoso "chiringuito", manexando os cartos, axudando e aconsellando aos máis pequenos, repoñendo obxectos no mostrador a medida que se efectuaban as vendas, etc.
Recibimos a visita de Sandra, a técnico de Entreculturas, que unha vez máis alentounos a seguir nesta liña de traballo, e non deixou de eloxiar a "madeira" destes rapaces e rapazas de Monfero, tan implicados e respetuosos, e tan alonxados desa imaxe da adolescencia egoísta que habita na mente de moitos adultos...
Tamén contamos coa visita de Mercedes Cachaza, unha mestra moi querida por todos e todas, que aínda que se xubilou o pasado curso, continúa moi vinculada coa nosa escola, e quixo ser tamén partícipe desta xornada, e marchou conmovida e orgullosa de seguir pertencendo a esta comunidade educativa.
Foi un día de euforia colectiva, e o corredor de secundaria parecía un formigueiro humano xuntando no mesmo espazo aos peques, os maiores, os profes, as cociñeiras, as nais coidadoras do comedor escolar, etc.
Queremos agradecer en primeiro lugar á dirección do centro por impulsar as nosas iniciativas; dar gracias pola colaboración de todos/as aqueles/as que fixeron donativos, especialmente a empresa
RENOR S.L. por todo o material que nos cedeu; a Karina, por todo o seu interese e voluntariedade, sacrificando un día de traballo na súa empresa para poder botar unha man...
Queremos recordar que para nós o máis importante é COMPARTIR, VIVENCIAR, SENSIBILIZARNOS, EDUCARNOS.... aínda que se queredes cifras (que para nós é algo secundario) aí vai o balance......
RECADACIÓN DE VENDAS: 1291´78 euros
RECADACIÓN CAIXA DONATIVOS: 410 euros
TOTAL: 1701'78 EUROS
Durante a tarde do xoves os alumnos de 4º e 3º da E.S.O. xunto cos profesores montaron o rastro para que o venres a primeira hora estivese todo listo.
O alumnado de 3º de E.S.O. encargouse de facer un mural e de decorar os pasillos e a entrada donde se levou a cabo o rastro.
COMEZAMOS O RASTRO
O venres foi o alumnado de infantil e primaria, xunto coas suas profes, os primeiros en visitar o rastro.
As profes tamén disfrutaron facendo as suas compras.
A nosa querida compañeira Mercedes tamén nos visitou. Aquí a vemos con algúns dos seus antigos alumnos. Tivo a oportunidade de felicitalos a todos e, por suposto, levar algunga que outra cousa do noso rastro.
O mercadiño estivo moi concurrido durante toda a xornada. Aquí vemos ó alumnado de secundaria ansioso na súa visita.
Tivemos a visita de Sandra a técnico de Entreculturas que quixo compartir esta xornada con nós e, por suposto, facer tamén algunha que outra compra.
Tamén visitou o rastro o persoal non docente do noso colexio aportando o seu graiño de area para esta causa.
E por suposto as familias dos nosos alumnos/as.
Aquí vemos ós alumnos e alumnas que se encargaron durante toda a xornada do rastro, facendo o reconto dos cartos.
GRAZAS A TODOS E TODAS: ALUMNOS, FAMILIAS, PERSOAL NON DOCENTE, PROFESORADO E CENTRO EN XERAL, POLA SUA COLABORACIÓN, PARTICIPACIÓN E SOLIDARIEDADE.