Mostrando entradas con la etiqueta Genios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Genios. Mostrar todas las entradas
miércoles, 14 de octubre de 2015
miércoles, 7 de octubre de 2015
INAUGURACIÓN DO PROXECTO "GENIOS" NO CPI VIRXE DA CELA
A Fundación Ayuda
en Acción, en colaboración con Google.org,
lanza o proxecto GENIOS, que
proporcionará a máis de 5000 nenos e nenas de máis de 30 centros escolares
(entre eles o CPI Virxe da Cela, Monfero) as ferramentas e os medios para
acceder á tecnoloxía e ao coñecemento, baseándose no feito de que brecha
dixital reflicte a desigualdade de acceso ao coñecemento e ás novas
tecnoloxías, e implica o risco de exclusión de quen queda fora desa innovación
e, en definitiva, do futuro. Un día á semana durante un cuatrimestre os rapaces
e rapazas de 5º e 6º de primaria do noso centro mergullaranse no mundo das
tecnoloxías a través dun convenio de colaboración entre a Fundación
Ayuda e Acción e o CPI Virxe da Cela que se firmou por terceiro ano
consecutivo.
A mañá do mércores 7 de outubro inaugurouse o
programa GENIOS, tendo lugar a primeira
das sesións impartidas polo instrutor Yon Penas, centrada nesta ocasión no programa Scratch e baseada na metodoloxía de Jóvenes Inventores. A través do manexo
deste programa os nenos e nenas aprenderán non so os fundamentos básicos da
programación informática, senón a desenvolver a súas capacidades creativas,
relacionarse dun xeito construtivo coa tecnoloxía e o traballo por proxectos.
Esta interesante iniciativa axudará ao noso alumnado a reflexionar sobre os
valores relacionados coa convivencia, a resolución de conflitos a respecto, a
diversidade, a cooperación, un dos obxectivos fundamentais de Ayuda en Acción.
Etiquetas:
Fundación Ayuda en Acción,
Genios
viernes, 25 de septiembre de 2015
NA PROCURA DE XENIOS
No noso país, máis de catro millóns de vivendas non dispoñen de acceso a Internet, o que implica que un 25% dos fogares españois están excluídos do universo dixital –o que nos sitúa na cola de Europa-.
A brecha dixital reflicte a desigualdade de acceso ao coñecemento e ás novas tecnoloxías, e implica o risco de exclusión de quen queda fora desa innovación e, en definitiva, do futuro. A educación en tecnoloxía desde a infancia é un catalizador de igualdade de oportunidades, esencial para o desenvolvemento social e económico da sociedade.
Neste contexto, Ayuda en Acción en colaboración con Google.org, lanza o proxecto GENIOS, que proporcionará a máis de 5000 nenos e nenas de máis de 30 centros escolares (entre eles o CPI Virxe da Cela, Monfero) as ferramentas e os medios para acceder á tecnoloxía e ao coñecemento.
Etiquetas:
Ayuda en Acción,
Genios
Suscribirse a:
Entradas (Atom)