miércoles, 7 de octubre de 2015

INAUGURACIÓN DO PROXECTO "GENIOS" NO CPI VIRXE DA CELA







A Fundación Ayuda en Acción, en colaboración con Google.org, lanza o proxecto GENIOS, que proporcionará a máis de 5000 nenos e nenas de máis de 30 centros escolares (entre eles o CPI Virxe da Cela, Monfero) as ferramentas e os medios para acceder á tecnoloxía e ao coñecemento, baseándose no feito de que brecha dixital reflicte a desigualdade de acceso ao coñecemento e ás novas tecnoloxías, e implica o risco de exclusión de quen queda fora desa innovación e, en definitiva, do futuro. Un día á semana durante un cuatrimestre os rapaces e rapazas de 5º e 6º de primaria do noso centro mergullaranse no mundo das tecnoloxías a través dun convenio de colaboración entre  a Fundación Ayuda e Acción e o CPI Virxe da Cela que se firmou por terceiro ano consecutivo.

A mañá do mércores 7 de outubro inaugurouse o programa GENIOS, tendo lugar a primeira das sesións impartidas polo instrutor  Yon Penas, centrada nesta ocasión no programa Scratch e baseada na metodoloxía de Jóvenes Inventores. A través do manexo deste programa os nenos e nenas aprenderán non so os fundamentos básicos da programación informática, senón a desenvolver a súas capacidades creativas, relacionarse dun xeito construtivo coa tecnoloxía e o traballo por proxectos. Esta interesante iniciativa axudará ao noso alumnado a reflexionar sobre os valores relacionados coa convivencia, a resolución de conflitos a respecto, a diversidade, a cooperación, un dos obxectivos fundamentais de Ayuda en Acción


No hay comentarios:

Publicar un comentario