Mostrando entradas con la etiqueta Pasaporte á India. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pasaporte á India. Mostrar todas las entradas

viernes, 16 de mayo de 2014

ENTREGA DE LIBRIÑOS DO PASAPORTE Á INDIA






O “Pasaporte á India” é un documento persoal, individual e intrasferible, expedido polos órganos competentes da Administración Xeral de Monferosolidario, que acredita, fóra do CPI Virxe da Cela, a identidade dos nenos e nenas que participaron activamente no curso académico 2013-2014 no proxecto School to School coa Fundación Vicente Ferrer.

Unha sinxela e vistosa actividade que funciona como unha carta de presentación, que amosa os nosos gustos e afeccións e a nosa imaxe persoal, e que terán unha dobre vertente. Por unha banda serán enviados á Konampalli School, para que os nenos e nenas desta escola india podan saber algo máis sobre nós, neste interesante intercambio cultural no que ano tras ano, e con este xa van catro, estamos a realizar a través da FVF. E por outra, quedarán como rexistro do noso paso polo centro, esa memoria que conservaremos nas nosas casas e que co tempo faranos lembrar dos nosos compañeiros e compañeiras, con quen tantos días e tantas experiencias compartirmos a longo de todo este curso. Quedarán tamén como un fermoso recordo para Oliva e Vanesa, esas marabillosas mestras de infantil que deixaron pegada no CPI Virxe da Cela , e que non estarán connosco para o vindeiro curso.

Como non queremos poñernos tristes e morriñentos, centrámonos no venres 16 de maio de 2014, véspera das Letras Galegas, que foi unha xornada de celebración, aproveitada non so para homenaxear a Xosé María Díaz Castro, senón tamén para repartir no recreo premios, diplomas e galardóns para varias actividades desenvolvidas no noso centro: a entrega dos “Pasaportes á India” (Monfersolidario), os premios do “Concurso de Cubertas de Libros”(Departamento de Plástica), “III Edición Concurso Preguntón” (Biblioteca Castelao),  e “Concurso literario San Valentín 2014” (EDLG). Despois de xantar os nenos e nenas de Infantil (3 anos) e de Infantil (4 e 5 anos) fixeron unha fermosa e simpática foto en “familia” diante do panel onde están expostos os seus traballos, que mandarán tamén aos seus compañeiros da India. Esperamos ansiosamente recibir a contrapartida por parte da Konampalli School… 



miércoles, 7 de mayo de 2014

PASAPORTE Á INDIA

     Desde a Antigüidade o home tratou de “atrapar” o territorio con trazos momentáneos e efémeros sobre a area ou utilizando tinta sobre papel no que serían os primeiros intentos cartográficos. É innegable a maxia que posúen os mapas, elementos tan evocadores que deixan voar a nosa imaxinación ata lugares ben remotos para descubrir os misterios das terras descoñecidas. Se ben levamos varios anos colaborando coa Fundación Vicente Ferrer para achegarnos á India a través do proxecto School to School, este país aínda resoa nos nosos oídos con harmonías exóticas. O alumnado de Educación Infantil e de 1º da ESO do CPI Virxe da Cela deixa constancia nestes fermosos “Pasaportes á India” desa viaxe imaxinaria ao lombo dun elefante ou no interior dun palanquín con tecidos de seda facendo noite nun caravasar…