Mostrando entradas con la etiqueta terceiro mundo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta terceiro mundo. Mostrar todas las entradas

miércoles, 18 de noviembre de 2009

REMATE DA CAMPAÑA "SHOES FOR AFRICA"

O martes 17 de Novembro dimos por concluída a campaña de sensibilización "Shoes for Africa", levada a cabo no noso centro dende o 3 ao 16 de Novembro, seguindo a iniciativa de Kiwi (coidado para o calzado), o Corte Inglés e Hipercor e co apadriñamento da Fundación de Samuel Eto'o. Durante duas semanas o alumnado e as familias achegáronse ao centro para depositar calzado usado, e deste xeito aprender do consumo responsable, posibilitando otro uso a obxectos xa utilizados, e aportando a nosa pequena contribución para que homes, mulleres en nenos en África podan levar zapatos.



Teresa, profe de CCSS e encargada de AAEE, posa coas alumnas de 3º da E.S.O.,
amosando a cantidade de material recollido.

.

Yolanda, profe de Relixión, entregando as bolsas con zapatos no Corte Inglés da Coruña.

viernes, 30 de octubre de 2009

SHOES FOR AFRICA


O noso centro unirase a unha campaña de sensibilización promovida pola marca de coidado de calzado Kiwi, El Corte Inglés e Hipercor, que persigue recoller en Europa o maior número posible de zapatos para envialos a África, onde se lles pode dar unha vida máis longa. Esta iniciativa, que comezou no 2006, conta nesta ocasión co apadriñamento por parte da Fundación de Samuel Eto’o.

Do 3 ao 16 de Novembro podedes achegar ao colexio o calzado, e nós encargarémonos de entregalo no Corte Inglés. Como di o noso lema, “moita xente pequena, en moitos lugares pequenos, facendo cousas pequenas, cambiará a face da Terra”.



viernes, 19 de junio de 2009

RECADACIÓN "MARCAPÁXINAS SOLIDARIOS"

Na recadación de donativos da actividade “Marcapáxinas Solidarios”, realizada no noso centro no mes de Abril, obtivemos un importe de 176´13 euros. Estes cartos foron ingresados na conta bancaria da O.N.G. Save the Children.


GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN

lunes, 13 de abril de 2009

RASTRO SOLIDARIO

Dende as materias de Educación para a Cidadanía e Relixión de Secundaria decidimos programar un Rastro Solidario para recadar fondos para a ONG Save the Children no seu proxecto de axuda a Níxer.

Save the Children, é unha ONG que está levando a cabo un proxecto de educación en valores, para contribuír á mellora da vida de moitos nenos e nenas do Níxer.

O rastro levouse a cabo o venres 3 de abril, e foi todo un éxito. A continuación podedes ver a reportaxe do mesmo.

PREPARANDO O RASTRO SOLIDARIO





MONTAMOS O RASTRO





miércoles, 18 de marzo de 2009

"Kentaja" na escola

O pasado martes 17 de marzo, a nosa profesora e compañeira Carmen Espiñeira obsequiounos cunha preciosa charla acompañada co visionado de diapositivas das súas experiencias en Camerún. Carmen visitou o proxecto "Kentaja" no verán de 2005, acompañada por outros membros da delegación galega da O.N.G."Kentaja". Os nenos e nenas de terceiro ciclo de primaria e de primeiro ciclo da E.S.O. tiveron a oportunidade de disfrutar dunhas magníficas fotografías, e a través delas coñecer a realidade ben distinta da infancia nos países do terceiro mundo.Esta charla forma parte das actividades de sensibilización programadas para a preparación do Rastro Solidario de axuda ao Níxer, que terá lugar no noso centro o vindeiro venres 3 de Abril de 2009.





sábado, 14 de marzo de 2009

O NOSO C.P.I NO ENCONTRO INTERCENTROS DA ONG ENTRECULTURAS

DIARIO DE FERROL
A solidariedade prospera nas aulas
REPORTAJE DE M.M.COOPERACIÓN >
Dous colexios da comarca súmanse á Rede Solidaria na que participan xa máis de vinte en toda Galícia.

Pasaron xa sete anos dende que a ONG Entreculturas creou a Rede Solidaria da Mocidade e catro desde que callou en Galicia. No presente curso, máis de vinte centros escolares da comunidade participan no programa, que se articula como a suma de moitas ideas e iniciativas para axudar á poboación desfavorecida, dos países mais pobres do mundo ou do mesmo vecindario. A Rede Solidaria está a medrar tamén na comarca. O colexio Jesús Maestro foi o primeiro e leva xá tres anos participando, pero neste curso sumáronse o CPI Virxe da Cela, de Monfero, e o Conde de Fenosa, en Ares. Alumnos e profesores destes tres centros asistiron este pasado fin de semana, no IES de Elviña, na Coruña, a unha xuntanza que serviu para comezar a definir a axenda de traballo de cada centro para os vindeiros meses.Segundo explicou Ana Martín, coordinadora da Rede Solidaria, os centros que acaban de inscribirse comezarán por facer unha labor de concienciación dos rapaces, de reflexión sobre os problemas e inxustizas que hai no mundo que os rodea. Logo, eles mesmos propoñen actividades e fórmulas para mellorar a situación na medida das súas posibilidades.En conxunto, tódolos centros da rede están chamados a participar na campaña “Dillo a todo o mundo”, plasmando mensaxes e ideas na web www.diseloatodoelmundo.org.