O alumnado de 4º da ESO foi finalista na categoría provincial do XXXVII Concurso Escolar Once. É todo un orgullo chegar a esta fase do concurso, e, por que non, é un pracer recibir por isto un agasallo. Nesta ocasión un kit de lentes para os nosos teléfonos móbiles, así temos á nosa disposición recursos tecnolóxicos, pero... ollo! tal como aprendimos no concurso, os utilizaremos con sentidiño!!
Mostrando entradas con la etiqueta 37 Concurso Escolar ONCE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 37 Concurso Escolar ONCE. Mostrar todas las entradas
lunes, 26 de abril de 2021
lunes, 15 de marzo de 2021
CPIP VIRXE DA CELA: GAÑADOR DA FASE PROVINCIAL XXXVII CONCURSO ESCOLAR ONCE
O cartel "Non deixes que che atrape", realizado polo alumnado de 4º da ESO do CPIP Virxe da Cela, gañador na fase provincial no 37 Concurso ONCE.
Mentres facíamos o noso MUPI publicitario, pensabamos o que queríamos
transmitir, e cal sería a mellor forma de contalo con pouco texto e máis
fotografías. O primeiro que vemos no centro do cartel en grande é unha
fotografía dun teléfono móbil onde se esta “afundindo” unha persoa. Con iso
queremos transmitir que os aparatos tecnolóxicos están moi ben, pero dentro
duns límites. Temos que saber reaccionar a tempo e facer outras actividades que
non impliquen estar diante dunha pantalla demasiado tempo. Na esquina inferior
esquerda puxemos as iconas das redes sociais mais populares para reflexionar
sobre a cantidade de aplicacións que inundan as nosas vidas, e que se nos
deixamos atrapar por elas podemos caer na adicción ata o punto de ter que chegar
a pedir auxilio. Arriba a esquerda
puxemos dúas sinais de precaución e alerta, porque como ven indica o titulo do
cartel, isto non é un xogo!
Carta Felicitando Ganadores Categoría C, A Coruña Marzo 2021 by veracruces on Scribd
Etiquetas:
37 Concurso Escolar ONCE,
Non deixes que che atrape
jueves, 4 de febrero de 2021
37 CONCURSO ESCOLAR ONCE
Baixo o lema "ConexiON-AdicciOFF, isto non é un xogo", o alumnado da ESO realizou nas materias de Relixión+Valores Éticos as súas propostas de aula: nesta 37 edición do Concurso Escolar ONCE trátase de MUPIS (carteis de publicidade de mobiliario urbán), sensibilizando á mocidade dos riscos dun uso incontrolado e abusivo das novas tecnoloxías.
Game Over
Game Over. Somos os alumnos e alumnas da clase de 1º de ESO do CPI Virxe da Cela. Co noso cartel publicitario quixemos transmitir que o mal uso das tecnoloxías non é un xogo. Por iso puxemos unha imaxe central na que aparece unha persoa absorvida polo ordenador e que está inxectándose dopamina para poder aguantar diante do ordenador. Vemos que está enganchada as tecnoloxías de maneira enfermiza. Debaixo puxemos unha frase co lema GAME OVER, como se a persoa da foto xa perdera a oportunidade de vivir e estivera atrapada no mundo da tecnoloxía. E logo, como reflexión final, puxemos unha frase que nos achega a pregunta: TÍ TAMÉN ERES UN DELES?, para que a persoa que vexa o cartel reflexione sobre o uso que fai ela das novas tecnoloxías.
Non deixes que a tecnoloxía che leve ao inferno. Somos os alumnos e alumnas de 2º da ESO do CPIP Virxe da Cela. No noso MUPI quixemos transmitir que as tecnoloxías poden levarte a un inferno de adiccións se fas mal uso delas, por iso puxemos a imaxe duns zombies abducidos polos móbiles nun fondo cheo de lume. Así, como xogar co lume é perigoso, xogar coas tecnoloxías de forma inadecuada tamén o é. Así que…sentidiño
Non deixes que che atrape. Mentres facíamos o noso MUPI publicitario, os rapaces/zas de 4º da ESO pensabamos o que queríamos transmitir, e cal sería a mellor forma de contalo con pouco texto e máis fotografías. O primeiro que vemos no centro do cartel en grande é unha fotografía dun teléfono móbil onde se esta “afundindo” unha persoa. Con iso queremos transmitir que os aparatos tecnolóxicos están moi ben, pero dentro duns límites. Temos que saber reaccionar a tempo e facer outras actividades que non impliquen estar diante dunha pantalla demasiado tempo. Na esquina inferior esquerda puxemos as iconas das redes sociais mais populares para reflexionar sobre a cantidade de aplicacións que inundan as nosas vidas, e que se nos deixamos atrapar por elas podemos caer na adicción ata o punto de ter que chegar a pedir auxilio. Arriba a esquerda puxemos dúas sinais de precaución e alerta, porque como ven indica o titulo do cartel, isto non é un xogo!
Etiquetas:
37 Concurso Escolar ONCE,
MUPI,
ONCE
Suscribirse a:
Entradas (Atom)