Baixo o lema "ConexiON-AdicciOFF, isto non é un xogo", o alumnado da ESO realizou nas materias de Relixión+Valores Éticos as súas propostas de aula: nesta 37 edición do Concurso Escolar ONCE trátase de MUPIS (carteis de publicidade de mobiliario urbán), sensibilizando á mocidade dos riscos dun uso incontrolado e abusivo das novas tecnoloxías.
Game Over
Game Over. Somos os alumnos e alumnas da clase de 1º de ESO do CPI Virxe da Cela. Co noso cartel publicitario quixemos transmitir que o mal uso das tecnoloxías non é un xogo. Por iso puxemos unha imaxe central na que aparece unha persoa absorvida polo ordenador e que está inxectándose dopamina para poder aguantar diante do ordenador. Vemos que está enganchada as tecnoloxías de maneira enfermiza. Debaixo puxemos unha frase co lema GAME OVER, como se a persoa da foto xa perdera a oportunidade de vivir e estivera atrapada no mundo da tecnoloxía. E logo, como reflexión final, puxemos unha frase que nos achega a pregunta: TÍ TAMÉN ERES UN DELES?, para que a persoa que vexa o cartel reflexione sobre o uso que fai ela das novas tecnoloxías.
Non deixes que a tecnoloxía che leve ao inferno. Somos os alumnos e alumnas de 2º da ESO do CPIP Virxe da Cela. No noso MUPI quixemos transmitir que as tecnoloxías poden levarte a un inferno de adiccións se fas mal uso delas, por iso puxemos a imaxe duns zombies abducidos polos móbiles nun fondo cheo de lume. Así, como xogar co lume é perigoso, xogar coas tecnoloxías de forma inadecuada tamén o é. Así que…sentidiño
Non deixes que che atrape. Mentres facíamos o noso MUPI publicitario, os rapaces/zas de 4º da ESO pensabamos o que queríamos transmitir, e cal sería a mellor forma de contalo con pouco texto e máis fotografías. O primeiro que vemos no centro do cartel en grande é unha fotografía dun teléfono móbil onde se esta “afundindo” unha persoa. Con iso queremos transmitir que os aparatos tecnolóxicos están moi ben, pero dentro duns límites. Temos que saber reaccionar a tempo e facer outras actividades que non impliquen estar diante dunha pantalla demasiado tempo. Na esquina inferior esquerda puxemos as iconas das redes sociais mais populares para reflexionar sobre a cantidade de aplicacións que inundan as nosas vidas, e que se nos deixamos atrapar por elas podemos caer na adicción ata o punto de ter que chegar a pedir auxilio. Arriba a esquerda puxemos dúas sinais de precaución e alerta, porque como ven indica o titulo do cartel, isto non é un xogo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario