lunes, 28 de noviembre de 2022

DEREITOS DA INFANCIA NO CGAC (SANTIAGO)

O alumnado de 6º EP do CPI Virxe da Cela participou na conmemoración do Día Universal dos Dereitos da Infancia, un acto organizado pola Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia en colaboración coa Consellería de Política Social da Xunta, que tivo lugar o pasado 21 de novembro de 2022 no Centro Galego de Arte Contemporánea (Santaigo de Compostela). 

Os/as rapaces/zas de 6º EP proxectaron un vídeo no que explicaban o dereito á igualdade e a non discriminación. Quixeron, asemade, subir ao escenario para resaltar a importancia de que ningún neno ou nena se sinta discriminado/a polo simple feito de selo. 


viernes, 25 de noviembre de 2022

XORNADA DE INTERCAMBIO DE PRÁCTICAS A TRAVÉS DE AYUDA EN ACCIÓN

 A directora e a orientadora do noso centro participaron las xornadas organizadas pola Fundación en Ayuda en Acción que levan o título "Jornada de intercambio de prácticas para una transición exitosa de primaria a secundaria" e que tiveron lugar o 22 de novembro de 2022 en Alicante. 

Jornada Transicion Alicante by veracruces on Scribd

CONMEMORACIÓN DO 25N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

    Hoxe, venres 25 de novembro de 2022, conmemoramos o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. Profesorado e alumnado das tres etapas educativas reunirémonos no recreo para levar a cabo un acto simbólico no que o alumnado do centro comparta as súas pancartas, collages e e outros  materiais con lemas contra a violencia de xénero.”

    Ademais, durante estes últimos días realizáronse diferentes actividades de sensibilización nas aulas e titorías, elaborouse un video coxunto, un podcast radiofónico e organizouse unha exposición con paneis e bibliografía específica na Biblioteca Castelao. 










miércoles, 16 de noviembre de 2022

FORMACIÓN EN CLIPMETRAXES CON MANOS UNIDAS

    A través da ONG Manos Unidas o alumnado de 5ºEP, 6ºEP e 1ºESO vai participar no Festival de Clipmetraxes que promove esta asociación. Este 16 e 17 de novembro, Paco Raigón (técnico de Manos Unidas), acompañounos para impartir uns obradoiros co título  "Día Mundial para Erradicación da Pobreza" e así preparar os esbozos dos nosos proxectos.

    Na primeira sesión afondamos no significado dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS); por exemplo, estivemos analizando a orixe e o impacto da elaboración do noso almorzo, os cereais cos que se eleboran o pan, as galletas ou os cereais que almorzamos, indirectamente contaminan, xeran pobreza e desigualdade ao ser importados doutros países.

    A partir dese punto, analizamos o que poderíamos facer para evitar esa pegada, como por exemplo consumir en comercio local, non tirar comida, ser responsables co consumo de auga, empregar transporte público...

    Na segunda sesión, profundizamos no guion do noso proxecto a partir do aprendido na sesión previa, sempre tendo presente o obxectivo da Clipmetraxe: os ODS e non desperdiciar auga e alimentos.

















martes, 15 de noviembre de 2022

jueves, 10 de noviembre de 2022

OBRADOIROS SOBRE IGUALDADE

Este xoves 10 novembro o todo o alumnado de educación infantil e de educación primaria, tivo a oportunidade de participar nunhas sesións informativas sobre a Igualdade. En cada un dos obradoiros, adaptados ao nivel de cada un dos ciclos, traballáronse aspectos como os estereotipos dos xoguetes ou da roupa, os roles de xénero coñecidos e aprendidos nas interaccións familiares, diferencias entre feminismo, hembrismo e machismo...



















miércoles, 9 de noviembre de 2022

PROPOSTA 25 N

 

25N by veracruces on Scribd

SENTIR, ACTUAR E MEDRAR NAS REDES

O alumnado de 6º curso recibirá unha charla sobre adición e perigo nas redes soicias o mércores 9 de novembro de 2022. A charla leva por título "Sentir, Actuar e Medrar nas Redes", e será  impartida por Patricia Gómez Salgado, doutora en Psicoloxía e que forma parte do grupo de traballo da Unidade de Psicoloxía do Consumidor e Usuario da USC, onde desenvolveu a súa tese titulada "O uso problemático de Internet e as novas tecnoloxías entre os adolescentes galegos" Será, online a través de Afundación TV  e terá lugar na aula da clase.









viernes, 4 de noviembre de 2022

PROPOSTAS DE CARTEIS DA PAZ PARA O CONCURSO DO CLUB DE LEONES

Amosamos aquí as propostas do alumnado de 1º da ESO ilustrando o lema "Liderar con compasión", temática coa que este ano o Club Internacional de Leones lanza unha nova edición do Concurso Cartel da Paz 2022. 

Hecho con Padlet

miércoles, 2 de noviembre de 2022

VISITA DE ENTRECULTURAS AO CPI VIRXE DA CELA

O mércores 2 de novembro de 2022 contamos no noso centro coa visita de Estefanía Franco, técnica da Fundación Entreculturas,  para impartir  unha charla sobre a Rede Solidaria de Mocidade Entreculturas ao alumnado de 1º, 2º e 3º ESO. Con esta actividade temos o obxectivo de reactivar a Rede Solidaria e formar un grupo de alumnos/as que queran seguir mantendo este proxecto que durante xa máis dunha década foi todo un signo de identidade do noso centro e que nos últimos anos foise debilitando por diferentes motivos (un deles, sen dúbida, foi a interrupción de encontros presenciais debido á Covid-19.)  Durante dúas sesións lectivas (de 12:35 a 14:15) Fani transmitiu aos rapaces e rapazas todo o seu entusiasmo, explicando en que consiste a Rede Solidaria, que pasos hai que seguir para iniciarnos nela, e  todas as cousas que nos pode aportar. Houbo tempo de visionar videos dos Encontros Globais da Rede Solidaria en Madrid, de repasar no noso blogue Monferosolidario algúns momentos históricos, como foi a celebración de dúas asambleas da Rede Solidaria no CPI Virxe da Cela, e incluso de realizar dinámicas e xogos, como un escape room utilizando dispositivos móbiles para reflexionar sobre temas tan importantes como o coidado do medio ambiente. 

Aproveitando esta visita e charla quixemos inaugurar unha exposición sobre a traxectoria de Monferosolidario vinculada á Fundación Entreculturas. Podedes ver nos corredores de educación secundaria varios paneis expositivos con carteis, crónicas, reportaxes fotográficas, así como unha colección de materiais didácticos publicados por Entreculturas

Esperemos que neste curso 2022-2023 a Rede Solidaria de Mocidade Entreculturas poda enraizar de novo entre os nosos mozos e mozas, aportándonos ferramentas para construír un mundo mellor.