A través da ONG Manos Unidas o alumnado de 5ºEP, 6ºEP e 1ºESO vai participar no Festival de Clipmetraxes que promove esta asociación. Este 16 e 17 de novembro, Paco Raigón (técnico de Manos Unidas), acompañounos para impartir uns obradoiros co título "Día Mundial para Erradicación da Pobreza" e así preparar os esbozos dos nosos proxectos.
Na primeira sesión afondamos no significado dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS); por exemplo, estivemos analizando a orixe e o impacto da elaboración do noso almorzo, os cereais cos que se eleboran o pan, as galletas ou os cereais que almorzamos, indirectamente contaminan, xeran pobreza e desigualdade ao ser importados doutros países.
A partir dese punto, analizamos o que poderíamos facer para evitar esa pegada, como por exemplo consumir en comercio local, non tirar comida, ser responsables co consumo de auga, empregar transporte público...
Na segunda sesión, profundizamos no guion do noso proxecto a partir do aprendido na sesión previa, sempre tendo presente o obxectivo da Clipmetraxe: os ODS e non desperdiciar auga e alimentos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario