Mostrando entradas con la etiqueta School to School 2021-2022. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta School to School 2021-2022. Mostrar todas las entradas

viernes, 25 de febrero de 2022

APORTACIÓNS DO CPI VIRXE DA CELA PARA O PROXECTO SCHOOL TO SHOOL

Esta semana o noso centro colgará na páxina web do Proxecto School to School (Fundación Vicente Ferrer) un vídeo que resume as actividades que se levaron a cabo no noso centro durante o curso 2021-2022. Iniciamos o curso coa apertura do paquete que nos enviaron os rapaces e rapazas de Konampalli School (A India) e posteriormente realizamos, no mes de decembro, unha colorida exposición sobre a India na Biblioteca Castelao. A maiores, o alumnado de educación primaria e a ESO, dirixidos polas súas mestra/profesora respectiva de educación física (Ruth Varela e Mª Teresa Blanco) realizaron xogos e deportes da India. 


viernes, 1 de octubre de 2021

SCHOOL TO SCHOOL: DEPORTES E XOGOS DA INDIA

    Un ano máis o CPI Plurilingüe Virxe da Cela participará no programa School to School da Fundación Vicente Ferrer, un intercambio cultural e de tradicións entre o noso centro e unha escola da India (Konampalli School, Anantapur). Este curso a temática elixida é "Deportes e Xogos da India", e esperamos que a través das actividades propostas o noso alumnado poda disfrutar do deporte e o xogo nun contexto lúdico e educativo, centrado na educación en valores como a solidariedade e a riqueza da diversidade. A Fundación Vicente Ferrer ten habilitada unha páxina web onde descargar os materiais didácticos e visionar 6 pequenos vídeos explicativos. 
    A medida que se vaian realizando actividades no noso centro iremos publicando a través do blog Monferosolidario as imaxes e videos que ilustrarán todo o proceso. 

https://schooltoschool.es/tema/deportes-y-juegos/


Pa Tema4 Deportes -e Xogos Galego by veracruces on Scribd

Calendario Do Programa GAL by veracruces on Scribd