martes, 28 de febrero de 2023

CORRE POR UNHA CAUSA

Animamos a toda a nosa comunidade educativa a participar na Carreira Solidaria, unha iniciativa que chega da man da Fundación Entreculturas e que se levará a cabo o vindeiro 5 marzo 2023 en A Coruña. Baixo o lema "Corre por unha Causa", esta actividade de sensibilización tratará tamén de acadar fondos para a axuda da infancia refuxiada. 



viernes, 24 de febrero de 2023

RESOLUCIÓN II PREMIO GALEGO EPDCG

Resolución definitiva do II Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global. 

A Coordinadora Galega de ONGD fai pública a resolución definitiva da segunda edición do II Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global, un galardón co que se quere recoñecer experiencias educativas transformadoras que fomenten unha cidadanía solidaria, crítica e comprometida coa construción dun mundo xusto.

Nesta segunda edición presentáronse 15 candidaturas (3 correspondentes á Categoría A. Educación Infantil e Primaria; 5 correspondentes á Categoría B. E.S.O, Bacharelato, Formación Profesional, Centros de Ensinanza de Réxime Especial e Ensinanzas Artísticas; 7 correspondentes á categoría C. Ensinanzas Universitarias). Todas elas poden consultarse na plataforma do Mapa Cénit de Experiencias de Educación para a Cidadanía Global.

Un xurado composto por sete persoas vinculadas ao mundo da educación, a cooperación e a Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global en Galicia avaliou as candidaturas e aprobou por unanimidade a resolución definitiva do Premio: 

RESOLUCION-DEFINITIVA by veracruces on Scribd

OBRADOIRO "ZINKERS" FUNDACIÓN AYUDA EN ACCIÓN E FUNDACIÓN REPSOL

Grazas á colaboración coa Fundación Ayuda en Acción e da  man da Fundación Repsol o alumnado da ESO tipo a oportunidade de continuar a súa formación en torno aos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible e á Axenda 2030. Esta actividade foi impartida por Jennifer Chamadoira e tivo lugar o Venres 24 febreiro en dúas quendas: de 10:35 a 11:25 (1º e 2º ESO); de 11:25 a 12:15 (3º e 4º ESO).



viernes, 17 de febrero de 2023

CLIPMETRAXES PARA O CONCURSO MANOS UNIDAS

 


Estas pezas audiovisuais, baixo os títulos "Non valoran o que teñen" e "Súmate aos ODS" son as propostas do alumnado de 5º e 6º de EP do CPI Virxe da Cela para o concurso Clipmetraxes de Manos Unidas.  A través deste produto audiovisual o alumnado buscou representar, a través dunha ruleta, como é o azar da vida. Somos uns privilexiados/as por non atoparnos dentro dos 370.000 nenos e nenas que non poden acceder a unha alimentación básica. Incluso chegamos a desperdiciar a comida, xa que non valoramos o que temos. 

jueves, 9 de febrero de 2023

ENTREGA DE DIPLOMAS CARTEIS DA PAZ CLUB LEONES

Englobada dentro das actividades que realiza o noso centro para a conmemoración do Día Internacional da Paz e da non Violencia (30), a participación no concurso de debuxo "Cartel da Paz" do Club de Leones axudou ao alumnado de 1º da ESO a reflexionar sobre a cultura da paz á vez que desenvolver todo o seu potencial artístico e creativo. O pasado xoves 9 de febreiro de 2023 fíxose a entrega dos diplomas de participación a todos os alumnos e alumnas de 1º da ESO. O cartel seleccionado, autoría de Tatiana, será visibilizado e publicado nun xornal en papel do Club dos Leones. 



Cartel seleccionado. Tatiana Mosquera Abeal




viernes, 3 de febrero de 2023

TERCEIRO OBRADOIRO "EDUCATION4THEPLANET"

Cristina Otero Correo visita de novo o CPI Virxe da Cela o venres 3 de febreiro de 2023 para impartir ao alumnado da ESO o terceiro obradoiro integrado no proxecto Educatión4ThePlanet, coa intención de sensibililizar á mocidade do impacto das accións humanas na saúde do planeta. Grazas á Fundación Ayuda en Acción podemos encaminarnos á consecución dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible marcados na Axenda 2030.