Mostrando entradas con la etiqueta CME 2025. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CME 2025. Mostrar todas las entradas

miércoles, 18 de junio de 2025

COMISIÓN MIXTA DE SEGUIMENTO CME 2025

Co obxectivo de reforzar a dimensión de incidencia política do proxecto Campaña Mundial Pola Educación 2025, e para  garantir o cumprimento efectivo do dereito de participación da infancia e da adolescencia, constitúese a Comisión Mixta de Seguimento do Acto Central no Parlamento de Galicia, e lévase a cabo o mercares 18 de xuño de 2025, participando o alumnado de 1º da ESO do CPI Vire da Cela. Esta comisión ten como finalidade principal facer seguimento do grao de cumprimento das peticións e demandas realizadas polos nenos, nenas e adolescentes (NNA) participantes nos actos centrais de incidencia política promovidos pola Campaña Mundial pola Educación (CME) en Galicia. Así mesmo, busca promover o diálogo e a rendición de contas por parte dos representantes políticos en materia educativa. 

Ás 12:00 horas preséntase a sesión e os representantes das diferentes forzas políticas (Cecilia Vázquez-PP,  Julio Abalde-PSdeGe e Cristina Fernández-BNG) tiveron un espazo para compartir as demandas e motivacións coas que quedaron logo do acto no Parlamento o día 23 de maio 2025.  Finalmente, o estudantado de 1º da ESO tivo o seu tempo para facer algunha pregunta ou comentario e sentirse escoitado nas seas demandas.





premer na imaxe para acceder á nota de prensa

sábado, 24 de mayo de 2025

O CPI VIRXE DA CELA NO PARLAMENTO GALEGO

Acto Campaña Mundial pola Educación 2025 no Parlamento de Galicia. Venres 23 maio 2025. Santiago de Compostela. Seis alumnos/as de 1º da ESO do CPI Virxe da Cela participan neste acto da Campaña Mundial pola Educación 2025, centrado este ano na "Educación en Emerxencias". Presentaron ante os representantes das diferentes forzas políticas as súas propostas para afrontar este tema, a educación en emerxencias, esixindo o compromiso do goberno. O seu discurso foi traballado previamenten na clase, analizando diferentes elementos e redactando o mesmo de maneira democrática, tendo en conta as opinións de todos/as. 









Parlamento Programa Cme 23.05.2024 by veracruces

Discurso Parlamento Galego 23 Maio 2025.Docx by veracruces


Difusión da xornada por parte do Parlamento de Galicia.

martes, 13 de mayo de 2025

A EDUCACIÓN TRANSFORMADORA NA EDUCACIÓN EN EMERXENCIAS

Neste ano 2025, aproveitando a relación co grado de Educación Infantil da UDC, a V edición das Xornadas de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global (EDCG) pretende dar unha nova visión sobre a importancia da educación en emerxencias e a importancia do traballo nesta liña educativa (martes 6 e mércores 7 de maio de 2025). Repetimos experiencia nas I Xornadas EpCG Universidad de Vigo Campus Ourense (martes 13 de maio de 2025).

A sesión indagará sobre o concepto de educación en emerxencias, e de que falamos cando referímonos a necesidade de esta educación en situacións de crise. Dividirase en dúas intervencións nas que falaremos, por un lado, da Campaña Mundial pola Educación e da Semana de Acción Mundial pola Educación; e doutra banda, contaremos con 3 organizacións que participaran en formato mesa redonda contando experiencias sobre a educación en emerxencia. As 2 organizacións plantexadas para está mesa redonda son: Cristrina Otero quen traballou en Uganda da man de Ayuda en Acción e Verónica Dopico, docente do CPI Virxe da Cela. 

Obxectivos: 

1. Xerar espazos de diálogo e reflexión sobre as dificultades e oportunidades no ámbito da educación en clave da construción dunha cidadanía global. 

2. Achegar experiencias e prácticas comprometidas coa construción dunha cidadanía activa, crítica e solidaria na que se promova a defensa dos dereitos humáns. 

3. Dar a coñecer o traballo das entidades que traballan no tema de Educación en Emerxencias. 


Xornadas UDC by veracruces

jueves, 8 de mayo de 2025

APRENDE XOGANDO SOBRE A EDUCACIÓN EN EMERXENCIAS

Escoitaches falar algunha vez do concepto "educación en emerxencias"? Pois se queres "defender a educación e apagar as emerxencias", lema da Campaña Mundial da Educación neste ano 2025, lanza os dados e irás descubrindo cos teus compañeiros/as as claves. Non é unha competición, se xogamos en equipo, acadaremos o noso obxectivo: unha educación de calidade.


https://view.genially.com/680ddb16912e790ca850bc36/interactive-content-xogo-same-2025


miércoles, 30 de abril de 2025

PREPARACIÓN DISCURSO PARLAMENTO

Durante varias sesións de clase, 7 alumnos/as de 1º da ESO están a preparar un discurso sobre a Educación en Emerxencias para facer chegar aos nosos políticos nun acto oficial da Campaña Mundial da Educación que terá lugar o vindeiro venres 23 de maio de 2025. 


viernes, 21 de marzo de 2025

DEFENDE A EDUCACIÓN, APAGA A EMERXENCIA

Un ano máis o CPI Virxe da Cela únese á Campaña Mundial pola Educación (CME). A Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) é unha semana onde máis de 124 países que traballamos para garantir o ODS 4 mobilizámonos para chamar a atención da comunidade educativa, os medios de comunicación, a sociedade en xeral e especialmente, a dos representantes políticos, sobre a necesidade de facer real e efectivo o dereito a unha educación de calidade para todas as persoas no mundo, enmarcado na Axenda 2030.

Este ano, a SAME 2025 pon como foco principal a EDUCACIÓN EN EMERXENCIAS, baixo o lema "Defende a Educación, apaga a Emerxencia". Na actualidade, máis de 75 millóns de nenas e nenos en todo o mundo viron interrompida a súa educación debido a conflitos, desastres naturais e outras crises humanitarias. Estas emerxencias non só privan á infancia do seu dereito para aprender, senón que tamén poñen en risco o seu futuro e o desenvolvemento das súas comunidades. Con todo, a educación non é só un dereito fundamental; é unha ferramenta de cambio:

– Protexe aos nenos e nenas en contextos de crises, ofrecéndolles estabilidade e seguridade.

- Rompe ciclos de pobreza, abrindo oportunidades para un futuro máis xusto e equitativo.

-Constrúe sociedades máis pacíficas e resilientes, promovendo a igualdade e o respecto mútuo.


 


jueves, 21 de noviembre de 2024

PRESENTACIÓN CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN 2025: EDUCACIÓN EN EMERXENCIAS

O noso centro participará un ano máis, como xa é habitual desde fai máis dunha década, na CME (Campaña Mundial pola Educación) e na SAME (Semana de Acción Mundial pola Educación). Ainda que quedan moitos meses por diante (ambas campañas levaranse a cabo en abril de 2025), xa con antelación imos preparando e planificando. Despois dunha visita ao noso centro de Tatiana Saenz Romero, a coordinadora da CME en Galicia o pasado mes de outubro, hoxe xoves 21 de novembro 2024 ás 18:00 horas realizamos unha reunión online para presentar a Campaña Mundial pola Educación 2025, este ano centrada na Educación en Emerxencias