martes, 30 de mayo de 2023

OBRADOIROS DE XESTIÓN EMOCIONAL EN EDUCACIÓN INFANTIL

 Helena García Álvarez, psicóloga. A través da Fundación Ayuda en Acción. 2º e 3º trimestre

jueves, 25 de mayo de 2023

CARREIRA SOLIDARIA SAVE THE CHILDREN 2023

O vindeiro venres 2 de xuño de 2023 terá lugar no CPI Virxe da Cela a Carreira Solidaria Save The Children, baixo o lema "Por unha cultura de paz". Esta actividade está organizada polo departamento de educación física coa finalidade de concienciar e sensibilizar á comunidade educativa, e ao mesmo tempo recadar fondos para axudar á infancia. CARREIRA SOLIDARIA - SAVE THE CHILDREN - POR UNHA CULTURA DE PAZ Data: 2 de xuño de 2023. Lugar: Campo de fútbol (se non chove) ou pabillón (se chove). Horario: 10:00 - 11:30 Etapas: EI, EP, ESO. Dorsal: Pola parte de diante.

domingo, 21 de mayo de 2023

QUERIDOS REIS MAGOS: POR UNHA EDUCACIÓN DE CALIDADE

 Para concluír a nosa participación activa na Campaña Mundial pola Educación (CME) e a Semana Mundial da Educación (SAME), e para reflexionar sobre o Obxectivo do Desenvolvento Sostible nº4: Unha Educación de Calidade", gustaríanos compartir este fantástico curtametraxe gravada e editada no CPI Virxe da Cela no mes de xaneiro 2023, e que representou ao noso centro na súa participación no programa "21 Días en Galego e+" da Xunta de Galicia. 


viernes, 19 de mayo de 2023

GUÍA EDUCATIVA PARA O ACTIVISMO CLIMÁTICO

A delegación de Ayuda en Acción de Galicia, e no marco do proxecto Education4thePlanet: o bo Camiño cara a Axenda 2030 (financiado pola Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia), comparte este contido interesante material educativo:
 - Guía Educativa para o Activismo Climático. 
 - Guía Educativa de Secundaria sobre Ecofeminismo(ligazón para descarga). 

Durante os últimos 10 anos, a Fundación Ayuda en Acción leva traballando con centros educativos galegos para mellorar e consolidar unha educación de calidade e sen fronteiras. Ante a problemática medio ambiental que sufrimos na actualidade, está a impulsar unha liña de acción vinculada coa Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global, coa cal se procura fomentar unha xuventude activa que contribúa na loita ante a emerxencia climática e ao cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030. 

Así, Education4thePlanet: o bo Camiño cara a Axenda 2030 é un proxecto galego enmarcado na proposta europea 1Planet4All, onde 14 ONGs de 12 países suman forzas para crear espazos e accións de participación para a xuventude europea ante a problemática medio ambiental. Como froito desta e outras iniciativas territoriais, elaboráronse os recursos que hoxe vos queremos compartir. Ambos documentos están formados por píldoras ou sesións formativas, mediante as cales profundizar en contidos articulados a partir da problemática ambiental. Así mesmo, están acompañadas de actividades e recursos didácticos de maneira estructurada.

Guia Educativa Secundaria_Activismo Climático by veracruces on Scribd

TRANSFORM-ACCIÓN EN IGUALDADE

Neste panel expositivo situado nos corredores do edificio de secuntaria poderedes ver o cartel elaborado polo alumnado de 3º da ESO e os compromisos das aulas do CPI Virxe da Cela para acadar unha educación máis igualitaria, unha actividade de sensibilización dentro da Campaña Mundial pola Educación, que este ano céntrase na igualdade a través do lema "TransmormAcción en Igualdade".

 



OBRADOIRO EDUREFERENTES

Dentro do Programa Educativo "EduReferentes" da Xunta de Galicia, recibimos a visita de Beatriz García Cibreiro, que foi  a responsable de realizar a mentoría coas alumnas de 4º da ESO.  Esta actividade realizouse o venres 19 maio 2023 ás 12:30 horas.



OBRADOIRO CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN

Un ano máiso CPI Virxe da Cela participa activamente na Campaña Mundial pola Educación. Temos xa a mirada posta na nosa intervención no Parlamento Galego, que terá lugar o vindeiro martes 6 de xuño de 2023. Por iso xa estamos a preparar o noso discurso. Supervisados e guiados por Laura Álvarez, e a través da Fundación Ayuda en Acción, tres alumnos que cursan a materia de Proxecto Competencial en 1º da ESO, xa están hoxe (venres 19 de maio de 2023) a redactar ideas para poder ter un fío conductor e dirixirse aos nosos representantes políticos as súas demandas para acadar unha educación de calidade, e baseada na igualdade (xa o din o lema da CME: TransformAcción pola Igualdade).






lunes, 15 de mayo de 2023

Coñecendo os noso rios: actividade de voluntariado e sensibilización ambiental.

 Durante a mañá do 27 de maio temos esta proposta da Asociación EuroEume. Esta actividade familiar ademais de ser unha estupenda xornada de convivencia permitira coñecer a importancia e as características das fragas de ribeira e dos cursos fluviais que atravesan o noso territorio, realizándose diversas medicións e analíticas da auga, identificándose a fauna e flora da contorna do río, e  os diversos elementos patrimoniais situados no entorno dos cauces fluviais.

Estas actividades de educación e sensibilización ambiental encádranse dentro do Proxecto Ríos de ADEGA. O prazo de inscrición é ata o día 26 de maio.




Coñecendo Os Nosos Ríos by veracruces on Scribd

jueves, 11 de mayo de 2023

SESIÓN AVALIACIÓN EDUCATION4THEPLANET

 Xoves 11 de maio 2023, ás 11:25 horas, unha asesoría externa vén ao centro para reunirse co alumnado da ESO e o profesorado para valorar a súa experiencia de participación no proxecto Education4Theplanet, realizado no noso centro grazas á colaboración con Fundación Ayuda en Acción. A opinión de todos/as os que estivemos participando neste proxecto axudará a valorar o grao de satisfacción e os puntos débiles e fortes, así como suxerencias de mellora para próximas actividades. 



PODCASTS SAME 2023

 Alumnado de 2º da ESO do CPI Virxe da Cela participaron na Semana Mundial de Acción pola Educación sensibilizando á comunidade educativa a través da elaboración de podcasts radiofónicos nas materias de Educación en Valores e Relixión.Todo o proceso foi levado íntegramente polo propio alumnado: desde a elaboración do guión, a gravación e edición do audio utilizando o software Audacity e a difusión a través do canal Ivoox. 



miércoles, 10 de mayo de 2023

VISITA E CHARLA DE EX-ALUMNOS/AS

Na tarde do mércores 10 de maio de 2023 tivemos a visita de varios compañeiros/as que remataron 4º ESO o curso pasado. Andrea, Antía, Alex e Matías contaronnos como están a desenvolverse nas sús novas traxectorias académicas. Antía e Matías están cursando Bacharelato de Ciencias Sociais no IES das Mariñas en Betanzos, vailles moi ben aínda que teñen que pelexar algo co inglés. Alex está a cursar unha FP de grao medio de electromecánica no IES de Curtis, está moi contento coa decisión que tomou e o que máis lle gusta e a parte práctica e terse librado por fin de estudar sintaxe. Andrea esta a cursar un FP de grao medio de auxiliar de enfermería, comentounos que este curso ten máis carga teórica pero que xa comezaron a facer prácticas e que atopase moi satisfeita coa elección que fixo. O alumnado de 3º e 4º ESO aproveitou esta charla para preguntar dúbidas e escoitar os consellos e a experiencia dos compañeiros/as, feito que sempre é moi enriquecedor.




GRUPO ASOCIACIONISMO XUVENIL EUROEUME

Un pequeno grupo de alumnos/as voluntarios da ESO reuníronse o mércores 10 de maio de 2023 na biblioteca escolar con Nuria, a técnica de Euroeume, co obxectivo de detectar necesidades da mocidade da zona e plantexar actividades de dinamización. Son os primeiros e difíciles pasos que tratamos de dar para poder crear dinámicas de asociacionismo xuvenil. Esperemos que a este reducido grupo de mozos e mozas vaian uníndose outros/as! 





viernes, 5 de mayo de 2023

INFORME DE POSICIONAMIENTO EDUCATION4THEPLANET

Despois de catro obradoiros, unha ruta e un mapeo, o alumnado da ESO do CPI Virxe da Cela vai acercándose ao final da aventura "Education4ThePlanet: o bo camiño cara a Axenda 2023". Hxoe toca a unha sesión conclusiva e adoptando un posicionamento ante a problemáticas presentadas, impartida de novo por Cristina Otero. O camiño percorrido nestos  meses serviunos para sensibilizarnos, investigar, e agora toca pasar á acción.  Grazas a todo o aprendido, mudar as nosas rutinas e os nosos hábitos é un primeiro paso. O seguinte é facer chegar as nosas demandas ás administracións e aos representantes políticos no Parlamento Galego no vindeiro mes de xuño. A mocidade comprometida ten que facer escoitar a súa voz e as súas propostas para acadar os obxectivos marcados na axenda 2023, sobre todo nos centrados no coidado da nosa contorna e en extensión, de todo o planeta. O proxecto Education4theplanet realízase grazas á colaboración coa Fundación Ayuda en Acción.




jueves, 4 de mayo de 2023

I CONCURSO DE MICROVÍDEOS "DE FRONTE Á VIOLENCIA DE XÉNERO"

Coa intención de alcanzar a igualdade real de oportunidades entre mulleres e homes na sociedade e concienciar á poboación en xeral e a mocidade sobre a violencia de xénero dixital, a Deputación Provincial da Coruña convoca neste ano o I Concurso de microvídeos "De fronte á violencia de xénero".

O obxecto do certame é elaborar un microvídeo a través do cal se xere reflexión, conciencia, sensibilización, identificación e prevención das violencias de xénero dixital, entendidas estas como todas as condutas de violencia de xénero que se exercen a través das novas tecnoloxías, redes sociais e/ou en Internet.

Preténdese que a través da elaboración do microvídeo a poboación adolescente cree debate, reflexión, mobilización e cambio social sobre o ciberacoso, sexting, sextorsión, stlaked, grooming, shaming, doxing ou calquera outra forma de acoso nas redes.

Así mesmo, o concurso anima á participación da comunidade educativa (profesorado, familias e contorna) como piar necesario para guiar e orientar o proceso de creación.

Poderán participar todas as persoas físicas con idades comprendidas entre 12 e 18 anos, de calquera nacionalidade, que se presenten individualmente ou en grupo.

Cada participante só poderá presentar un único microvídeo orixinal e inédito, non premiado con anterioridade nin difundido publicamente antes por ningún tipo de soporte nin canle.

Outorgaranse ata 10 premios de 1000 euros.

microvídeos violencia xénero by veracruces on Scribd

miércoles, 3 de mayo de 2023

CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN: SAME 2023

O alumnado de 1º da ESO do CPI Virxe da Cela visitou as aulas do centro educativo para concienciar ao alumnado da importancia da educación e promocionar a SAME (Semana de Acción Mundial pola Educación) e a CME (Campaña Mundial pola Educación). O noso centro escolar leva moitos anos participando de maneira activa nesta campaña, este ano baixo o lema "TransforMacsión en Igualdade: Mobilízate". Todas as aulas agora teñen á súa disposición un folleto onde deberán anotar de maneira consensuada cal é o seu compromiso de cara á consecución dunha mellora da educación. Todas as propostas serán penduradas próximamente nun gran panel que hai nos corredores do edificio de educación secundaria.

lunes, 1 de mayo de 2023

O CPI Plurilingüe Virxe da Cela na Revista da TVG: os medios e recursos dixitais para axudarnos na aprendizaxe.

 

Imaxe autoeditada de fragmentos da emisión. 

Da man do investigador Antonio Rial Boubeta  estivemos no programa da TVG A Revista para falar sobre o uso dos medios e recursos dixitais no eido educativo. 

Enlace a emisión do programa do día 28/04/2023 (No tramo das 11 da mañá).


Desde hai fai anos que o CPI Virxe da Cela apostou polo uso dos recursos e medios dixitais, pensando que un bo uso delas conecta co alumnado, reforza a súa creatividade  e o traballo colaborativo. Ábrennos unha inmensa ventá cara a realidade e ao seu futuro e potencian a calidade educativa. Para isto primamos a formación e actualización docente e vinculación das familias para incentivar un uso correcto e funcional das mesmas. Neste sento contamos cunha liña formativa específica que levamos a cabo en colaboración con CFR Ferrol e coa Fundación Axuda en Acción.

Cine na escola

 Dentro delas un dos elementos principais de conexión da escola cos intereses da rapazada é a creación audiovisual, neste senso o mellor é que xa é unha constante. Contamos  co espazo Ferraganchos que forma parte da biblioteca creativa no que temos un pequeno estudo de gravación, ambientado en Croma e no que tamén está o  equipos da radio escolar.

 Desta forma, as actividades do centro cobran valor a través desta creación e desde fai dos anos contamos cunha actividade na que o alumnado crea as súas curtas para tratar temas como a igualdade ou a convivencia a través da súa perspectiva. Están acompañados por Omar Rabuñal, realizador, guionista e actor, con 14 anos de experiencia no medio audiovisual.

 Así, co cine na escola temos creatividade e empodaramento para cuestionar a realidade. Desenvolvendo as competencias do alumnado e dándolle vida as aprendizaxes adquiridas a través da ruptura cos estereotipos e coas desigualdades, favorecendo o rexeitamento cara a violencia e poñendo en valor a diversidade como riqueza cultural como obxectivos desta aventura.

Radio escolar

Levamos xa máis dunha década dándolle vida a radio escolar e con ela facemos un uso emerxente dunha tecnoloxía tradicional, neste caso acompañados de Sergio Garcia a través da Fundación Axuda en Acción.

  • Supón unha mellora da Competencia en Comunicación Lingüística do alumnado, nas súas catro destrezas fundamentais (comprensión e expresión oral á hora de facer o programa / Comprensión e expresión escrita á hora de elaborar o guión).
  • O alumnado conta cun recuncho de aprendizaxe colaborativo e de participación, sexa cal sexa o seu grao de timidez-sociabilidade ou rendemento académico, todas as persoas teñen o seu papel e a súa función. Investigan e dar sentido real as aprendizaxes básicas para a vida. 

Pero non é solo a radio en si mesma, tamén a preparación da voz, o traballo coa escoita e co dialogo e o uso e emprego de dispositivos tecnolóxicos.  A mesa de mezclas, os micros, a edición de podcast, a difusión,…e o valor engadido que supón para o centro.

Ademais, de por en valor a nosa lingua galega como elemento identitario do que estamos moi orgullosos.

 O obradoiro de xogos de mesa

Tamén, desde a biblio creativa o alumnado ten a posibilidade de achegarse a formas de ocio que o mellor estaban un pouco afastadas, poñéndoas en valor cos medios dixitais.

Son os xogos de mesa que favorecen estratexias creativas nas aprendizaxes ademais de ser elemento de diversión entre iguais e entre alumnado e profesorado.

A súa vinculación coa tecnoloxía e a través de vidotitoriais elaborados polo alumnado onde explican os distintos xogos de mesa cos que están a xogar. Para isto, aprenden como empregar o croma os programas de edición e todo o que convela a produción audiovisual. Ademais o fan por si mesmos.  

Xogos como as abelliñas zum-zum, o taco, o queixo e os lobos de castronegro estarán abertos ou publico para que todo o mundo poda desfrutar deles.

 Digicraft

Proxecto Digicraft consiste nun programa ofrecido pola Fundación Voddafone España e a Consellaría de Educación para formar ao alumnado de primaria en competencias dixitais.

Para elo, contamos con diferentes recursos e materiais tecnolóxicos, xunto cun catálogo de actividades mediante as cales o alumnado pode ir coñecendo e aprendendo a utilizar diferentes ferramentas tecnolóxicas a través da manipulación e experimentación directa coas mesmas.

Entre estes recursos atópanse: tablets, robots Zowi, placas Makey-makey, tabletas gráficas, etc.

Moitos destes recursos non se atopaban na escola e serían de moi difícil acceso ao alumnado de non ser por este programa. Por iso, valoramos de forma moi positiva a participación neste proxecto, que permite ao alumnado tomar contacto a través de actividades moi dinámicas, activas e lúdicas cun mundo dixital e tecnolóxico que é cada vez máis importante, pero ao que é difícil acceder dende zonas rurais coma esta.

Ademais, o alumnado amosa unha gran resposta ás actividades deste tipo, xa que os nenos e nenas de hoxe en día non son alleos a este novo mundo tecnolóxico e amosan gran interese por manexar e aprender como se utilizan os diferentes elementos tecnolóxicos, especialmente os máis novidosos como poden ser os robots ou as tabletas gráficas.

Desta forma o alumnado pode desenvolver a creatividade poñendo en práctica todo o aprendido e investigando e descubrindo novas formas de utilizar estes recursos, o que estimula moito a súa competencia dixital.

A cultura interactiva para potenciar o pensamento artístico: o MUV no Virxe da Cela.

Imaxe autoeditada
 

MUV: Arte e artefactos dixitais para despertar a creatividade!!!!


Imaxe: captura de pantalla da páxina de Cope Ferrol.


Apúntaste?

https://www.diariodeferrol.com/articulo/comarcas/reportaje-virxe-da-cela-monfero-disfruta-estos-dias-arte-contemporaneo-gracias-muv-4279513


Cinema comprometido: alumnado de 5º e 6º da Ed. Primaria


Imaxe: autoeditada

Un curso máis contamos cos obradoiros de cine a cargo de Omar Rabuñal

Os cursos de 5º e 6º da Ed. Primaria tiveron esta actividade extraescolar na que crearon unha curta. A temática escollida é toda unha sorpresa pero, coñecéndoos/as seguro que non nos deixara indiferentes.

En canto a teñan lista a teremos nas pantallas.