Despois de catro obradoiros, unha ruta e un mapeo, o alumnado da ESO do CPI Virxe da Cela vai acercándose ao final da aventura "Education4ThePlanet: o bo camiño cara a Axenda 2023". Hxoe toca a unha sesión conclusiva e adoptando un posicionamento ante a problemáticas presentadas, impartida de novo por Cristina Otero. O camiño percorrido nestos meses serviunos para sensibilizarnos, investigar, e agora toca pasar á acción. Grazas a todo o aprendido, mudar as nosas rutinas e os nosos hábitos é un primeiro paso. O seguinte é facer chegar as nosas demandas ás administracións e aos representantes políticos no Parlamento Galego no vindeiro mes de xuño. A mocidade comprometida ten que facer escoitar a súa voz e as súas propostas para acadar os obxectivos marcados na axenda 2023, sobre todo nos centrados no coidado da nosa contorna e en extensión, de todo o planeta. O proxecto Education4theplanet realízase grazas á colaboración coa Fundación Ayuda en Acción.
No hay comentarios:
Publicar un comentario