lunes, 1 de mayo de 2023

O CPI Plurilingüe Virxe da Cela na Revista da TVG: os medios e recursos dixitais para axudarnos na aprendizaxe.

 

Imaxe autoeditada de fragmentos da emisión. 

Da man do investigador Antonio Rial Boubeta  estivemos no programa da TVG A Revista para falar sobre o uso dos medios e recursos dixitais no eido educativo. 

Enlace a emisión do programa do día 28/04/2023 (No tramo das 11 da mañá).


Desde hai fai anos que o CPI Virxe da Cela apostou polo uso dos recursos e medios dixitais, pensando que un bo uso delas conecta co alumnado, reforza a súa creatividade  e o traballo colaborativo. Ábrennos unha inmensa ventá cara a realidade e ao seu futuro e potencian a calidade educativa. Para isto primamos a formación e actualización docente e vinculación das familias para incentivar un uso correcto e funcional das mesmas. Neste sento contamos cunha liña formativa específica que levamos a cabo en colaboración con CFR Ferrol e coa Fundación Axuda en Acción.

Cine na escola

 Dentro delas un dos elementos principais de conexión da escola cos intereses da rapazada é a creación audiovisual, neste senso o mellor é que xa é unha constante. Contamos  co espazo Ferraganchos que forma parte da biblioteca creativa no que temos un pequeno estudo de gravación, ambientado en Croma e no que tamén está o  equipos da radio escolar.

 Desta forma, as actividades do centro cobran valor a través desta creación e desde fai dos anos contamos cunha actividade na que o alumnado crea as súas curtas para tratar temas como a igualdade ou a convivencia a través da súa perspectiva. Están acompañados por Omar Rabuñal, realizador, guionista e actor, con 14 anos de experiencia no medio audiovisual.

 Así, co cine na escola temos creatividade e empodaramento para cuestionar a realidade. Desenvolvendo as competencias do alumnado e dándolle vida as aprendizaxes adquiridas a través da ruptura cos estereotipos e coas desigualdades, favorecendo o rexeitamento cara a violencia e poñendo en valor a diversidade como riqueza cultural como obxectivos desta aventura.

Radio escolar

Levamos xa máis dunha década dándolle vida a radio escolar e con ela facemos un uso emerxente dunha tecnoloxía tradicional, neste caso acompañados de Sergio Garcia a través da Fundación Axuda en Acción.

  • Supón unha mellora da Competencia en Comunicación Lingüística do alumnado, nas súas catro destrezas fundamentais (comprensión e expresión oral á hora de facer o programa / Comprensión e expresión escrita á hora de elaborar o guión).
  • O alumnado conta cun recuncho de aprendizaxe colaborativo e de participación, sexa cal sexa o seu grao de timidez-sociabilidade ou rendemento académico, todas as persoas teñen o seu papel e a súa función. Investigan e dar sentido real as aprendizaxes básicas para a vida. 

Pero non é solo a radio en si mesma, tamén a preparación da voz, o traballo coa escoita e co dialogo e o uso e emprego de dispositivos tecnolóxicos.  A mesa de mezclas, os micros, a edición de podcast, a difusión,…e o valor engadido que supón para o centro.

Ademais, de por en valor a nosa lingua galega como elemento identitario do que estamos moi orgullosos.

 O obradoiro de xogos de mesa

Tamén, desde a biblio creativa o alumnado ten a posibilidade de achegarse a formas de ocio que o mellor estaban un pouco afastadas, poñéndoas en valor cos medios dixitais.

Son os xogos de mesa que favorecen estratexias creativas nas aprendizaxes ademais de ser elemento de diversión entre iguais e entre alumnado e profesorado.

A súa vinculación coa tecnoloxía e a través de vidotitoriais elaborados polo alumnado onde explican os distintos xogos de mesa cos que están a xogar. Para isto, aprenden como empregar o croma os programas de edición e todo o que convela a produción audiovisual. Ademais o fan por si mesmos.  

Xogos como as abelliñas zum-zum, o taco, o queixo e os lobos de castronegro estarán abertos ou publico para que todo o mundo poda desfrutar deles.

 Digicraft

Proxecto Digicraft consiste nun programa ofrecido pola Fundación Voddafone España e a Consellaría de Educación para formar ao alumnado de primaria en competencias dixitais.

Para elo, contamos con diferentes recursos e materiais tecnolóxicos, xunto cun catálogo de actividades mediante as cales o alumnado pode ir coñecendo e aprendendo a utilizar diferentes ferramentas tecnolóxicas a través da manipulación e experimentación directa coas mesmas.

Entre estes recursos atópanse: tablets, robots Zowi, placas Makey-makey, tabletas gráficas, etc.

Moitos destes recursos non se atopaban na escola e serían de moi difícil acceso ao alumnado de non ser por este programa. Por iso, valoramos de forma moi positiva a participación neste proxecto, que permite ao alumnado tomar contacto a través de actividades moi dinámicas, activas e lúdicas cun mundo dixital e tecnolóxico que é cada vez máis importante, pero ao que é difícil acceder dende zonas rurais coma esta.

Ademais, o alumnado amosa unha gran resposta ás actividades deste tipo, xa que os nenos e nenas de hoxe en día non son alleos a este novo mundo tecnolóxico e amosan gran interese por manexar e aprender como se utilizan os diferentes elementos tecnolóxicos, especialmente os máis novidosos como poden ser os robots ou as tabletas gráficas.

Desta forma o alumnado pode desenvolver a creatividade poñendo en práctica todo o aprendido e investigando e descubrindo novas formas de utilizar estes recursos, o que estimula moito a súa competencia dixital.

No hay comentarios:

Publicar un comentario