Durante a mañá do 27 de maio temos esta proposta da Asociación EuroEume. Esta actividade familiar ademais de ser unha estupenda xornada de convivencia permitira coñecer a importancia e as características das fragas de ribeira e dos cursos fluviais que atravesan o noso territorio, realizándose diversas medicións e analíticas da auga, identificándose a fauna e flora da contorna do río, e os diversos elementos patrimoniais situados no entorno dos cauces fluviais.
Estas actividades de educación e sensibilización ambiental encádranse dentro do Proxecto Ríos de ADEGA. O prazo de inscrición é ata o día 26 de maio.
Coñecendo Os Nosos Ríos by veracruces on Scribd
No hay comentarios:
Publicar un comentario