Mostrando entradas con la etiqueta cooperativismo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cooperativismo. Mostrar todas las entradas

martes, 15 de mayo de 2012

O COOPERATIVISMO: UNHA ALTERNATIVA





O obradoiro sobre traballo cooperativo realizado no CPI Virxe da Cela o pasado venres11 de maio de 2012 tivo un grande éxito entre o alumnado de 3º e 4º da ESO. A intención desta actividade é asesorar e guiar na elaboración de proxectos para o Certame de Cooperativismo no Ensino. Os rapaces e rapazas reforzaron as súas habilidades para traballar en equipo, e comprobaron que enriquecedor resulta compartir as ideas. Reflexionaron, debatiron, fixeron votacións, e tamén experimentaron coas dinámicas propostas por Xurxo e Brais, os mozos encargados de impartir o obradoiro.

jueves, 10 de mayo de 2012

COOPERAMOS




O programa "Cooperamos 2012", organizado pola Dirección Xeral de Relacións Laborais e o Consello Galego de Cooperativas ten a finalidade de facilitar a realización de actividades de promoción do cooperativismo. O alumnado de 1º e 2º ciclo de primaria do CPI Virxe da Cela está a recibir asesoramento e apoio técnico para a elaboración dun traballo para participar no Certame "Cooperativismo no Ensino". Este asesoramento inclúe obradoiros e dinámicas, nas que os nenos e nenas reflexionarán sobre o traballo cooperativo, descubrindo a súa potencialidade. Durante toda a mañá do xoves 10 de maio, a biblioteca escolar convertirase nun espazo para o xogo e para a reflexión.