Mostrando entradas con la etiqueta Reli. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Reli. Mostrar todas las entradas

martes, 25 de abril de 2023

EN PATERA POLO SINAÍ

O alumnado de 3º de Educación Primaria atópase inmerso nun proxecto no que está a investigar, dentro da área de Reli, a diferencia entre ser refuxiado, ser emigrante ou ser turista. O pasado luns, tivemos unha visita moi especial que preparamos xunto co alumnado de Valores. Puidemos facer unha entrevista a un experto: un papá da clase pasou polo proceso e trámites da emigración para formar parte agora da nosa comunidade educativa, este luns contestou a todas as preguntas e inquedanzas dos nosos reporteiros e reporteiras, coma por exemplo: Necesitaches pasaporte ou visado para entrar en España? Que comida botas de menos de Perú? E cal te gusta máis de España? Cantas hora leva a viaxe? ou Cal é a capital de Perú? Graciñas polo teu tempo e paciencia respondendo a todas as nosas dúbidas.







 

martes, 21 de marzo de 2023

21M: DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN.

Para o Síndrome de Down visibilizar, un calcetín de cada cor debes levar. Hoxe é o día mundial do Síndrome de Down. Por iso, dende as áreas de Valores-Reli de Educación Infantil e Reli de primaria, decidimos traballalo co noso alumnado. A concienciación e visualización da diversidade é un aspecto que consideremos fundamental para acadar que o noso alumnado se convirta en persoas críticas, solidarias, empáticas e voluntarias. Aquí tedes o resultado final do noso traballo!



jueves, 22 de diciembre de 2022

Mercadillo Solidario

Outro ano máis, levando a cabo a Aprendizaxe e Servizo, buscouse dende as áreas de Valores e Proxecto Competencial de Educación Infantil e Educación Primaria, e, dende a área de Reli de Infantil e Primaria, colaborar cunha protectora de animais: a protectora Cometa (organización sen ánimo de lucro para a protección dos animais da comarca de Ferrolterra). 

Para facelo, dende estas materias, elaboráronse manualidades que posteriormente puxéronse a venda no Mercadillo Solidario. Grazas á colaboración de toda a comunidade educativa contan con 260 euros para alimentar e coidar aos animais do refuxio. Representantes da Asociación Cometa viñeron recoller a recadación total do mercadillo. 

 

martes, 13 de diciembre de 2022

Reis Magos de VERDADE

 

Este Nadal continuamos coa iniciativa que comezamos o curso pasada colaborando coa asociación "Reis Magos de Verdade". Este curso todo o alumnado de educación infantil, así como o alumnado de 1º, 2º e 3º de educación primaria participaron nesta iniciativa da man de Alba,  Camino como mestras de Valores e de Cris Rabuñal.

Recordemos que esta asociación busca que ningunha persoa quede sen agasallos nestas festas. Neste caso, a nosa pequena colaboración foi enfocada cara dúas usuarias da Residencia García Hermanos de Betanzos: Guadalupe e María.

O alumnado, trala lectura das súas cartas implicouse en todo o proceso: dende a elección dos agasallos, a preparación de postais, debuxos e manualidades ou incluso no pintado e personalización do papel de regalo.
Bo Nadal María e Guadalupe!

lunes, 13 de diciembre de 2021

REYES MAGOS DE VERDAD

 Este Nadal, Cristina a profe de reli de primaria, tras falalo co seu alumnado de sexto, decidiron colaborar coa asociación "Reyes Magos de Verdad". Esta asociación busca que ningunha persoa quede sen agasallos nestas festas. O alumnado, tras ler a carta de Guadalupe, decidiu que das tres cousas que desexaba, o mellor sería regalarlle a mantiña pois está a facer bastante frío. Ademais, para facerlle chegar o seu cariño, preparáronlle unhas preciosas manualidades.

                                                             Moi bo Nadal Guadalupe!